Índice de contenidos
Jose Martinez Cedeira, presidente da CEMMA: “Sorprende chegar a obter resultados de que tan só o 25% dos mariñeiros coñece e sabe identificar correctamente as especies de cetáceos”
Defender o patrimonio natural é un traballo para toda a sociedade e non só para as persoas que teñen contacto directo con ela. Iso sábeno ben na CEMMA, unha asociación que leva case 30 anos defendendo o patrimonio natural mariño de Galiza. Mentres non tiremos abaixo as barreiras mentais que existen entre o mar e a terra non valoraremos suficiente o noso patrimonio mariño. Sobre que actividades está a facer a CEMMA para romper esas barreiras, e de como a labor dos observadores científicos é crucial para aumentar o coñecemento de certas especies, estiven a conversar con Jose Martínez Cedeira, o presidente desta ONG.
Xandro (X): Moi boas Jose! Benvido a Historias do mar.
Jose M. Cedeira (J): Encantado de estar aquí e disposto a falar contigo sobre as cuestións que me vaias facendo.
X: Pois empezamos. Primeiro de todo, explícanos para quen non a coñeza, que é a CEMMA, a asociación da que es presidente.
J: A CEMMA é a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. É unha organización non gobernamental de ámbito galego que se creou no ano 1992. Estamos a piques de cumprir 30 anos de vida e ten como obxectivo principal o estudo, a divulgación e a conservación dos mamíferos mariños e tartarugas mariñas en Galicia.
X: Moitos cetáceos, como os arroaces ou golfiños, compren un papel de sentinelas do ecosistema como de testigo, porque son animais que están na cúspide da pirámide trófica, e noutros casos, como no das baleas ou rorcuales, son os animais mais grandes que poboan o océano. Cal é a principal ameaza hoxe en día para os cetáceos?
J: Sintetizando un pouquiño e falando un a nivel xeral, penso que a principal ameaza que teñen os cetáceos hoxe en día en Galicia, que xa levan arrastrando dende hai anos, é a problemática da interacción coa pesca. Principalmente a mortalidade por captura accidental en artes de pesca. Os datos que nós recollemos a través dos varamentos e cos proxectos que se levamos a cabo de estudio en relación coa pesca, que xa levamos varios anos traballando nesta liña, indicannos que a mortalidade por esta causa en Galicia é elevadísima. Estamos falando dun mínimo de 1.500 animais de diferentes especies que morren cada ano por esta causa. Ademais poderíamos sinalar outras como, a contaminación química ou a contaminación acústica. A verdade é que os cetáceos teñen bastantes frontes abertas e están padecendo a través de diversas liñas que en último termino todas están causadas por orixe antrópico.
X: No tema da interacción de artes de pesca, supoño que é un tema complexo, que non ten doada solución pero dende a CEMMA vedes que hai algún camiño para minimizar el interacción ca pesca, ou pensades que é algo completamente inevitablemente mentres existan os pesqueiros?
J: Bueno a ver, o tema de interacción entre os cetáceos e a pesca, é un tema moi complexo por varias razóns. Principalmente por dúas razóns: porque se o analizamos dende o punto de vista dos cetáceos, volvemos ao comentario anterior. Estamos falando dun número moi importante e numeroso de especies, pero se o analizamos pola outra banda da moeda. Se analizamos a nivel superficial o sector pesqueiro en Galicia, encontramonos con que estamos falando do sector máis importante da Península Ibérica. Se falamos do norte peninsular, o 85% da frota pesqueira está concentrada nas nosas augas. Entón bueno, aquí está do caldo de cultivo para que xurda esta problemática. Esta interacción é moi diversa porque ás veces cada unha das partes, ou ben os cetáceos ou ben os mariñeiros, poden saír beneficiados ou prexudicados por esta interacción. Claro, como ti comentabas, tratar de plantexar unha solución rápida, sinxela e eficaz, e practicamente imposible porque o problema é moi diverso. Nós o que temos claro é que hai que tratar de abordar esta situación dende un punto de vista integral, con todas as partes implicadas. Dende o noso punto de vista serían: por unha banda as administracións coas competencias que teñen cada una delas, o sector pesqueiro indubidabelmente ten que estar aí, en terceiro lugar o colectivo de científicos e técnicos que teñen os coñecementos na materia, e por outra parte moi importante tamén a parte social. Toda a sociedade ten que ter coñecemento desta problemática e ten que tomar partida nas solucións que se leven a cabo, que poden ser moi diversas.
X: Que actividades realizadas a CEMMA e cales cres ti que teñen máis impacto na sociedade?
J: Podemos dividilas entre dous grupos de acción. Por un lado accións a nivel técnico, que serían os diferentes estudos de monitorización. Poden ser monitorización de poboacións, mostraxes, ou seguemento dos varamentos, a recuperación ou demáis. E despois estarían as accións de divulgación a través de diferentes liñas, para dar a coñecer as especies a problemática e demais. Pero falando así, penso que do traballo que leva a cabo a CEMMA dende que se puxo en marcha, que como vos dicía antes hai case trinta anos, penso que a actividade máis coñecida sería a monitorización de varamentos, sobre todo porque foi a actividade coa que comezou a súa singradura a entidade. Son xa case trinta anos de traballo continuo. Estamos falando de máis de oito mil varamentos rexistrados, algúns casos moi mediáticos como os varamentos masivos, o varamentos de baleas, rescates, chegada de lobos mariños e chegada de especies menos coñecidas como poden ser as tartarugas. Penso que a CEMMA ten o seu sinal de identidade cos varamento, pode ser a parte que máis coñeza a sociedade. Pero bueno, tampouco deberíamos de clasificalo como a parte máis importante, porque tamén hai moito traballo que ao mellor é menos coñecido pero a nivel de informes técnicos e demais, pois teñen moita transcendencia incluso a nivel de conservación das especies.
X: E nese sentido que estabas falando, de que facedes unha labor de monitorización das poboacións. Os observadores científicos abordo de pesqueiros, é un traballo que cando estudei a carreira era moi atractivo para nós, porque era como de aventureiro. Ti tes traballado como observador científico en barcos de pesca, porque son importantes os embarques en pesqueiros?
J: Bueno creo que é importante a diferentes niveles. Dende un punto de vista incluso persoal ou de formación cando acabas a carreira e empezas a túa singradura laboral. Pois moitos empezamos por esa liña. E unha parte importante a nivel de formación. Complementas moitos aspectos que non se desenvolveron durante a formación académica pero aparte diso penso que é súper-importante porque é o primeiro paso na recollida dunha información que posteriormente se pode materializar a diferentes niveis. É fundamental ter uns datos de calidade para coñecer realmente que é o que está pasando que despois todas as análise e demais traballos que fagas con esa información, por que desexa obter un resultado de calidade. E o traballo dos observadores é fundamental porque son o primeiro eslavón na recollida desta información. Bueno, non só os datos que os observadores recollen directamente senón os datos que recolle polo contacto directo cos mariñeiros. Os mariñeiro é unha fonte información fundamental. Moitas veces non a podes coller ao 100% ou a debes de filtrar dalgunha maneira. En xeral non é fácil establecer un primeiro contacto con eles pero unha vez que se tiran abaixo determinas barreiras, teñen unha serie de coñecementos e de información que é fundamental sobre distintos aspectos do medio mariño.
X: Ou sexa que estando abordo dun barco de pesca as veces é máis importante a xente que está abordo que a propia información que extraes cos prismáticos.
J: Iso dependería un pouco de que tipo de campaña estas realizando. Que tipo de estudio está realizando e que obxectivos tes. Por exemplo para campañas específicas de monitorización de cetáceos, cando vas abordo dos barcos de pesca a recoller esta información pois, por exemplo, te sorprende chegar a obter resultados de que tan só o 25% dos mariñeiros coñece e sabe identificar correctamente as especies de cetáceos. Entón é importante que teñas en conta este aspecto para filtrar un pouco toda a información que te vai a proceder da boca dos mariñeiros. A base de botar anos e de estar moito tempo abordo dos barcos e de contactar con eles vas aprendendo a filtrar esta información. Dende logo que os contidos e información que poden chegar ao ter dos mariñeiros son moi importantes
X: En nun avión? Porque ti tamén participaches nalgunha campaña como observador de cetáceos en avionetas, non?
J: A verdade que nos últimos anos a monitorización de cetáceos para estudios poboacionais se está realizando de xeito moi importante a través da monitorización aérea dende avionetas incluso penso que hoxe en día poderíamos dicir que para a maior parte dos estudios o avión é a plataforma ideal por varias razóns. No caso do traballo dende avioneta pois eu penso que é incluso moito máis duro fisicamente que o traballo abordo dos barcos. Eu traballei en avioneta, traballei bastante en barco e penso que se teño que dar así a una relación un pouco sinxela para que toda a xente poida comprender, podería dicir que un día de 6 – 8 horas de voo en avioneta te pode supoñer un esforzo e un cansancio similar a una semana abordo dun barco. Esa é a miña sensación. Porque o espazo é moi pequeno, é un traballo moi rápido, haí certa carga de estrés por varias razóns, é moi esixente, estás nunha postura que é moi forzada coa cabeza sacándoa por fora, moitas hora sen poder moverte, moito tempo concentrado, non hai tempos de descanso. É todo moi extremo.
X: Nun avión ti tes escasos segundos para poder identificar o animal, e para anotar outro tipo de parámetros, en plan, cantos animais hai, que dirección levan, e iso tes que facelo en segundos, non?
J: En xeral os censos aéreos en avioneta se solen realizar a una velocidade de 200 km/h, a 180 – 200 km/h, e iso implica que tes apenas catro ou cinco segundos, nunca tes máis de 5 segundos, para detectar os animais, para identificar a especie, para contar o número de individuos, estimar o número de individuos, tratar determinar o seu comportamento ou a súa actividade (se están desprazandose ou alimentándose), coñecer un pouquiño a estrutura do grupos (si hai cías ou non), e transmitir esta información por radio a o compañeiro que toma os datos. Coa avioneta é imposible plantexar recoller os datos en boli e en papel, todo vai a través do rexistro acústico, e ás veces se satura. Se vas por unha zona na que hai moitos animais, en xeral abordo das avionetas van dous observadores un a cada banda do avión, as veces están os dous observadores mirando dous avistamentos distintos, e a persoa que está tomando os datos recibe por cada un dos seus oídos a información dun dos observadores, entón se satura o sistema. Por iso, o que comentaba antes, que é todo moi extremo e as veces un pouquiño estresante. Pero bueno, é a plataforma que sabemos que está dando mellores resultados para a monitorización
X: E xa para rematar. Que proxectos ten a CEMMA para o futuro? que pensades facer nestes próximos anos?
J: Pois o obxectivo principal é poder seguir mantendo a liña de actividade que temos nestes últimos anos. Cada vez é máis complicado poder facer novos proxectos e novas actividades. Conseguir os recursos que precisamos cada vez nos custa un pouquiño máis. Pero o obxectivo sería continuar adiante co traballo da rede de varamentos porque é unha fonte de información básica a distintos niveles: para seguir coñecendo un pouquiño máis tanto sobre a bioloxía das especies, como das ameazas que lle están afectando ás diferentes especies. E tamén, na medida do posible, continuar realizando proxectos en diferentes liñas enfocados a monitorización en xeral das diferentes poboacións, pero tendo sempre moi claro que deberíamos tratar de centrar os esforzos no caso da toniña. Por que esta especie está nunha categoría de conservación e de ameaza máis importante. Que acaba de ser declarada, o pasado mes de decembro, como especie en perigo de extinción. Dende hai anos foi un dos nosos obxectivos principais, traballar na liña de aumentar o coñecemento desta especie e avanzar na súa conservación.
X: Mil gracias por atenderme e vémonos no mar
J: Encantado e nos seguiremos vendo entre as ondas do mar maior.
Máis informacion
Coñece aos arroaces polo seu nome