Descrición da actividade

Actividades: Rutas con patrón a bordo do galeón Punta Pragueira

Características embarcación: Capacidade máxima: 8 persoas incluido o patrón ou outro persoal de Mar Abaixo

Empresa: Mar Abaixo

NIF: 34890930E
Patrón: Alexandre García Regueira

Política de reservas e pagos

  1. A reserva das rutas realizase a través do formulario de reserva na web www.marabaixo.gal. Cumplimentaranse os datos de contacto e a data e hora na que o cliente desexa realizar a actividade segundo a dispoñibilidade do calendario.
  2. As reservas deben realizarse 4h antes da realización da actividade. Este é o tempo de antelación mínimo que a empresa necesita para poder realizar un servizo. 
  3. Tras compretar o formulario web, cos seus datos reais, o cliente pode realizar o pago do 100% do prezo do billete na pasarela de pago online instalada na web. 
  4. Si por algunha razón técnica non é posible realizar o pago online, ou o cliente non quere usar a pasarela de pago instalada na web, existen outras 3 formas de pago:
    • Bizum ao teléfono +34 660 85 94 93, facendo constar o ID de reserva.
    • Transferencia bancaria ao ES3701826644930201593286 facendo constar o ID de reserva.
    • No caso de que non sexa posible realizar o pago de outro modo, admítese o pago en efectivo, previo aviso á empresa.

Unha vez efectuado o pago, quedará formalizada e aprobada a súa reserva e recibirá un correo electrónico de confirmación.

Política de cancelacións e devolucións

No caso de que o cliente quixese cancelar a súa reserva, será reembolsado o importe según as seguintes normas:

  • Si cancela a reserva 7 días antes da realización da actividade,  será devolto o pago efectuado, descontando 1€ en cada billete en concepto de gastos de xestión.
  • Si cancela a reserva entre 7 días antes e 2 días antes da realización da actividade, será devolto o 75% do pago efectuado.
  • Si cancela a reserva entre 2 días antes e 24 horas antes da realización da actividade, será devolto o 50% do pago efectuado.
  • Si cancela a reserva menos de 24 horas antes, ou non se presenta o día da actividade, non se fará ningún tipo de devolución.

O aprazamento das reservas por parte do cliente non ten coste, pero o aprazamento será como máximo de 6 meses.

No caso de imposibilidade de realizar a ruta en barco por condicions climatolóxicas adversas ou non haber un mínimo de 4 persoas na saída, o cliente poderá decidir entre axendar unha nova reserva, ou a devolución do 100% do pago efectuado.

No caso de que o patrón (responsabel legal da embarcación durante a navegación) decida suspender a ruta por unha actitude perigosa dos/as clientes/as durante o desenvolvemento da actividade, non se fará ningunha devolución. A decisión do patrón de suspender a actividade pode motivarse porque os clientes/as manifesten claros síntomas de estar baixo efectos de alcohol e/ou drogas, ou por calquera outra actitude que poña en perigo a seguridade da embarcación durante o desenvolvemento da actividade.

Condicions particulares

A empresa pon os medios humanos e materiais para que a experiencia dos clientes sexa segura e pracenteira. O tratarse de actividades no mar, os participantes deben seguir en todo momento as indicacións do patrón e/ou de outros membros da tripulación.

No caso de que por razons meteorolóxicas, averías ou calesqueira de outra índole que impida á empresa realizar a actividade con seguridade, houbese que cancelar as reservas dos clientes, estos terán a opción de escoller outra fecha ou a devolución da súa reserva íntegra. 

No caso de que o cliente queira aprazar a reserva deberá porse en contacto coa empresa. Ambos poderán pactar o aprazamento ou a realización de outra ruta de similares características seguindo o esquema de devolucions de “POLÍTICA CANCELACIÓNS E DEVOLUCIÓNS” citada en este documento. 

Todas as actividades contan cun Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes coa Compañía de seguros AXA.

Existe un libro de reclamacións, donde poderá formular as súas reclamacións e poderá porse en contacto cos membros da empresa en info@marabaixo.gal ou os teléfonos + 34 660 859 493 y + 34  623 393 705, onde os atenderemos persoalmente.

No caso da adquisición de billetes regalo, as presentes CONDICIÓNS DE SERVIZO son as mesmas, agás que a compra se realiza sin concretar o día de navegación. Os participantes que vaian a disfrutar do regalo, ou o cliente que adquire o regalo, deberán porse en contacto coa empresa para concretar a data de navegación que en todo caso será antes de que pase 1 ano dende a compra do regalo.

Coa confirmación da reserva, acéptanse todos os apartados que as presentes Condicións do Servizo conteñen. A participación na actividade implica así mesmo, a aceptación íntegra das presentes CONDICIÓNS DE SERVIZO por parte de todas as persoas que naveguen na embarcación Punta Pragueira, houbese ou non realizado a reserva de praza.

Os clientes aceptan a publicación das fotografías tomadas polo persoal da empresa durante as distintas actividades e viaxes con fines publicitarios; tanto na web www.marabaixo.gal, como en todas las plataformas publicitarias que a empresa considere oportuno. No caso contrario, o cliente poderá solicitar a non publicación das súas imaxes enviando un email a info@marabaixo.gal ou directamente comunicandoó á tripulación.

Obrigacións do participante

O cliente e no seu caso, todos os participantes na actividade o fan de xeito libre e voluntario asumindo en todo momento a responsabilidade dos seus actos.

Previamente á saída ao mar, daranse unhas breves instruccións en materia de seguridade a todos os participantes da actividade.

A empresa e o persoal de a bordo, no serán responsables, en ningún caso, dos actos realizados por clientes nin das súas consecuencias por omisión do cumprimento das indicacións dadas.

Calquera conducta perigosa ou irrespetuosa ignorando as indicacións recibidas do persoal da empresa e que poida causar perigo para o propio participante ou o resto do grupo, pode ser penalizada coa exclusión da ruta ou da actividade, non aceptando ningunha reclamación por esta causa. 

Os participantes deben levar o vestiario adecuado para realizar unha actividade deportiva no medio natural. Deberán vestir a roupa e o calzado apropiados según a época do año. Poderán porse en contacto coa empresa para pedir orientación ao respecto.

Os participantes menores de idade deberán ir sempre acompañados de nai, pai, titor legal ou monitor. En todo caso deberá ser unha persoa maior de idade, eximindo á empresa da supervisión a bordo dos mesmos. Si se tratase de menores entre os 16 e os 18 años, podería considerarse facer excepcións e que embarquen sós, sin necesidade de acompañamento por parte dun mayor de idade. A empresa suministrará aos menores de idade chalecos salvavidas apropiados á súa talla, que deberán levar postos en todo momento mentres estean a bordo. Poderán ser suministrados outros dispositivos de seguridade diferentes aos chalecos de seguridade si o patrón ou a empresa así o deciden.

A empresa non se fará responsabel dos danos ou deterioros que os participantes que realicen por mal uso, neglixencia ou omisión nos medios, instalacións ou espacios comuns aos que acceden para a realización das actividades. Tampouco se fará cargo das pérdidas de obxectos persoais dos clientes.

Protección e cuidado do medio natural

As actividades de MAR ABAIXO teñen lugar nun entorno natural e por eso, está terminantemente prohibido tirar calquer tipo de basura ao mar e/ou causar dano a ningún ser vivo durante a realización das mesmas.

Desacordos na interpretación

Calquer desacordo na interpretación de estas CONDICIÓNS DE SERVIZO expostas na páxina web www.marabaixo.gal someterase á xurisdicción dos Tribunais de A Coruña con renuncia a calquer outro foro.

Se necesita ou ten calquer dubida, pode contactarnos directamente en info@marabaixo.gal ou nos teléfonos + 34 660 859 493 y + 34  623 393 705