Marabaixo, estrea este mes de xuño unha nova experiencia náutica que ten como obxectivo a búsqueda do sabor atlántico, baixo o nome de "Ruta Salgada". Durante as 2 horas deste percorrido nun barco tradicional de madeira, o galeón Punta Pragueira, a veciñanza e as persoas visitantes que participen desta actividade poderán descubrir lugares da bahía e, do porto Coruñés, vinculados ao xeito de alimentarnos.
Son milleiros os barcos afundidos en Galicia. Os fortes ventos mareiros, as correntes mariñas, pero sobre todo a irregular costa e os baixos fondos do noso litoral explican os 8.000 naufraxios que viviron na nosa beiramar. As vilas mariñeiras e as cidades costeiras viviron grandes naufraxios, coma Memphis na Pedra…
Embarcacións tradicionais galegas A costa galega ten unha grande riqueza paisaxística, biolóxica e económica. Por esta razón, dende hai séculos, os mariñeiros utilizaron as embarcacións tradicionais galegas para traballos de pesca, marisqueo ou transporte de mercadorías. As nosas rías foron navegadas por diferentes embarcacións que forman parte do patrimonio marítimo…
Castelos na Coruña A posición estratéxica da capital do Reino de Galicia durante séculos explica a construción de tres castelos na baía da Coruña para defendela urbe dos ataques das armadas estranxeiras. Non foi até a Idade Moderna cando se construíron os Castelos de San Antón, Santa Cruz e San…
Na Coruña, e noutras zonas de Galiza, un dos produtos pesqueiros máis apreciados son os ourizos de mar. Tal é o seu valor que moitos lle chaman “caviar de pobres”. O entorno do golfo ártabro é unha zona ideal para que estes animais crezan, pero a sobre-explotación e a contaminación provocada polos afundimento do Aegean Sea e do Prestige, causou unha redución drástica da poboación destes animais. Un proxecto innovador de cría en catividade deste animal vaille permitir aos pescadores mellorar o estado deste recurso para poder seguir explotándoo de forma sustentable.
Area da Praia das Cunchas (Cangas)
Este verán cando vaias á praia non só te tires a tomar o sol na toalla, mira ao teu redor e fíxate: estás nun ecosistema vivo. Entre a area, nas pedras, na auga, ... as praias son un entorno cheo de seres vivos. Por atoparse entre o ambiente terrestre e o mariño nas praias existe un gradiente de condicións que propician que teñan unha grande biodiversidade. Buscar pistas da existencia desta biodiversidade pode ser unha maneira divertida de entreterse en vez de só tirarse na toalla. Tamén é unha forma divertida de ensinarlle aos nosos fillos e fillas cousas que nunca viron.
O polbo é un dos alimentos máis simbólicos da gastronomía galega. Unha ración de polbo é en si mesma unha festa, un exercicio de convivencia, de folclore ou case de historia. Este típico manxar galego é un dos produtos pesqueiros con maior aumento de demanda dos últimos anos, pero as capturas en Galiza están a descender dende o 2016. O eterno debate sobre a procedencia do polbo que consumimos é, se cadra, máis aguda nun ano de capturas tan escasas.
Cadelucha, cornicha, chirla, carneiro, relo, rabioso e arola. Coñecelas? Unhas parécese máis e outras menos as ameixas, pero todas son moluscos bivalvos comestibles. Se queres aprender a distinguir estas especies mariñas, aquí che deixo unhas claves.
Se che gusta a pesca deportiva, seguro que tes comprado ou ido a coller estes animais mariños. Non se comen pero o prezo dalgunhas especies chega a máis de 60€/kg. Pero que son? Que especies se capturan en Galiza?
Cando Greta Thunberg falou no Parlamento Europeo para contar entre bágoas que "estamos no medio da sexta extinción masiva, e o ritmo de extinción é 10.000 veces máis rápido do normal" non estaba a facer conxecturas. É unha afirmación baseada no coñecemento científico, e nos diversos estudos que existen sobre o tema.