Novas relevantes e curiosas sobre investigación mariña en Galiza

Consumo de produtos mariños de tempada

  • Tempo de lectura:14 minutos de lectura

As especies mariñas pasan por épocas nas que o seu consumo ten efectos nocivos para as mesmas e para o planeta. Pola contra, tamén hai períodos nos que estas especies son máis ricas e o efecto do seu consumo faise notar menos ou a máis curto prazo. Así, a maioría de produtos mariños deben ser consumidos preferentemente no que denominamos “a súa tempada”.

Continuar lendoConsumo de produtos mariños de tempada

Bioincrustacións: organismos que causan corrosión nas embarcacións

  • Tempo de lectura:12 minutos de lectura

Os cascos dos barcos, especialmente aqueles feitos de madeira como as embarcacións tradicionais galegas, actúan como plataformas de cría para gran variedade de especies animais e vexetais do medio mariño. Pódense atopar diversos tipos de organismos, uns de orixe vexetal coma o limo ou as algas, e outros de orixe animal coma moluscos ou esponxas. Son as chamadas bioincrustacións.

Continuar lendoBioincrustacións: organismos que causan corrosión nas embarcacións

Sementeira de ourizos de mar na Coruña

  • Tempo de lectura:11 minutos de lectura

Na Coruña, e noutras zonas de Galiza, un dos produtos pesqueiros máis apreciados son os ourizos de mar. Tal é o seu valor que moitos lle chaman “caviar de pobres”. O entorno do golfo ártabro é unha zona ideal para que estes animais crezan, pero a sobre-explotación e a contaminación provocada polos afundimento do Aegean Sea e do Prestige, causou unha redución drástica da poboación destes animais. Un proxecto innovador de cría en catividade deste animal vaille permitir aos pescadores mellorar o estado deste recurso para poder seguir explotándoo de forma sustentable.

Continuar lendoSementeira de ourizos de mar na Coruña

A química do cheiro do mar

  • Tempo de lectura:6 minutos de lectura

Poucas cousas hai máis efectivas ca os aromas para transportarnos a outro tempo, a outro espazo ou a outros contextos. E poucos aromas hai máis recoñecibles ca o cheiro do mar. Un cheiro que, coma tódolos demais, ten nome de molécula química.

Continuar lendoA química do cheiro do mar
Area da Praia das Cunchas (Cangas)
Area da Praia das Cunchas (Cangas)

6 pistas para descubrir a biodiversidade das praias

  • Tempo de lectura:12 minutos de lectura

Este verán cando vaias á praia non só te tires a tomar o sol na toalla, mira ao teu redor e fíxate: estás nun ecosistema vivo. Entre a area, nas pedras, na auga, ... as praias son un entorno cheo de seres vivos. Por atoparse entre o ambiente terrestre e o mariño nas praias existe un gradiente de condicións que propician que teñan unha grande biodiversidade. Buscar pistas da existencia desta biodiversidade pode ser unha maneira divertida de entreterse en vez de só tirarse na toalla. Tamén é unha forma divertida de ensinarlle aos nosos fillos e fillas cousas que nunca viron.

Continuar lendo6 pistas para descubrir a biodiversidade das praias

Gaivotas da costa galega: As especies reprodutoras

  • Tempo de lectura:8 minutos de lectura

Gaivotas, presentes tanto en bravas paisaxes marítimas e praias remotas como en portos, encoros, vertedoiros ou na terraza do bar da esquina. Poucas aves hai que poidan ser observadas tan doadamente en tantos lugares tan diferentes e ao mesmo tempo sexan unhas perfectas descoñecidas para a maior parte da poboación.

Continuar lendoGaivotas da costa galega: As especies reprodutoras

Menos polbo que nunca

  • Tempo de lectura:10 minutos de lectura

O polbo é un dos alimentos máis simbólicos da gastronomía galega. Unha ración de polbo é en si mesma unha festa, un exercicio de convivencia, de folclore ou case de historia. Este típico manxar galego é un dos produtos pesqueiros con maior aumento de demanda dos últimos anos, pero as capturas en Galiza están a descender dende o 2016. O eterno debate sobre a procedencia do polbo que consumimos é, se cadra, máis aguda nun ano de capturas tan escasas.

Continuar lendoMenos polbo que nunca