O mantemento máis esencial nunha embarcación tradicional
A ferramenta básica de Marabaixo é o noso barco, o Galeón Punta Pragueira. Como xa contamos brevemente en entradas anteriores, este navío é unha embarcación tradicional, propia das rías galegas, empregada noutros tempos para mover mercadorías e que na actualidade utilizamos para viaxes turísticas e divulgativas. E como todas as embarcacións precisa dun mantemento básico.