Aquí podes ver as colaboracións que levo feito con algúns medios de comunicación de prensa dixital, radios locais e revistas. Falo de natureza, medio ambiente, ecoloxismo e mar.
Os liques, a outra cara das pedras. illadosratos.org

Os liques, a outra cara das pedras

Medio:  ailladosratos.org
Data de publicación: 10/09/2020

Durante as rutas culturais que facemos na asociación A Illa dos Ratos, temos observado que os liques e outra vexetación cobren de distinto xeito os edificios históricos e monumentos do Morrazo.

Podemos atopar monumentos completamente cubertos de liques como o Cruceiro de Hío, que podemos observar na ruta Hío de pedra en pedra, e outros completamente limpos como o Cruceiro Singulis ou a Capela do Hospital de Cangas que podemos ver no percorrido polo Casco histórico de Cangas, ou en Cangas 1617, a defensa da vila. 

logo A Tribo 640x640 RECURTADO TRASP

A tribo radio - Programa #6

Medio: A Tribo Radio
Data de publicación: 31/07/2020

Neste programa participamos diversos activistas do movemento ecoloxista galego para falar da contaminación das augas, da emerxencia climática e das secas.

3047060508 737c7687bd o

Poñerlle muros ao mar

Medio: Ollaparo.gal
Data de publicación: 17/02/2020.

A xente que vivimos perto do mar aínda nos lembramos da vaga de temporais do inverno 2013-2014. Unha tras outra as borrascas foron entrando pola costa aquel ano. O mar chegou á porta dalgunhas casas e Cedeira non foi excepción. As ondas bateran forte contra o paseo marítimo ao lado do río Condomiñas. No 2020 volveu acontecer, volveron as ondas a bater perto das casas.

fauna mariña fondos profundos

A fauna dos fondos profundos mariños

Medio: Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente. Nº 59, páxs.: 12-14.
Data de publicación: 2009

De todos os ecosistemas da Terra, un dos máis descoñecidos é o dos fondos profundos dos océanos, non en van se di que está mellor coñecida a Lúa. A importancia destes ecosistemas reside na súa grande extensión. Así, o océano ocupa o 71% da superficie da Terra, a súa profundidade media é de 4.000 m, e máis da metade está por debaixo dos 3.000 m.

foto presentación I xornadas de investigación mariña ARVI

Crónica das I xornadas de divulgación de investigación pesqueira

Medio: ollaparo.gal
Data de publicación: 22/12/2018

Resumo da xornada onde se presentaron os relatorios de Seobirdlife, Chelonia e Cemma sobre selectividade (IEO) e mitigación de captura incidental de aves, tartarugas e mamíferos mariños e os resultados do proxecto Rapansel na sede da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI).

EFECTOS DO DEITADO DE AREA SOBRE AS PRAIAS

Efectos do deitado de area sobre as praias

Medio: Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente. Nº 72, pax: 9-11.
Data de publicación: 2010
Co-autor: Anxo Mena

As administracións públicas queren resolver os estragos producidos nos areais galegos polas borrascas do pasado inverno a golpe de recheo. Pero ignoran ou queren obviar os efectos negativos que estes deitados de area provocan nas nosas praias. Ao tempo, pasan por alto a relación que existe entre a presión urbanística do litoral e a intensidade dos danos provocados na costa polos temporais, conseguindo así desenfocar o problema de fondo.

fachada cetmar

Os centros da investigación mariña en Galiza

Medio: Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente. Nº 62, pax: 29-30.
Data de publicación: 2010

A moita contaminación que leva sufrido, as inxentes cantidades de recursos que extraemos, os moitos metros que lle levamos gañado…, fannos crer que o mar pode con todo, pero non é certo. Hoxe xa non se pesca coma antes e é moi difícil atopar franxas de costa que non estean humanizadas. Estes son sen dúbida síntomas de que a nosa relación co mar non está a ser respectuosa. A investigación pode darnos os medios para evitar que a situación empeore.

Intermareal sedimentario Ría do Burgo

O intermareal, un espazo cheo de vida

Medio: Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente. Nº 60, pax: 22-23.
Data de publicación: 2009

O intermareal é a porción de costa máis próxima ao dominio terrestre, situada entre as posicións que acadan as mareas: entre o máximo histórico de marea alta e mínimo histórico de marea baixa. Nas nosas costas a distancia vertical entre estes dous extremos é aproximadamente de 4 metros e temos dúas mareas altas e dúas mareas baixas ao día. Por diversos factores, o intermareal é unha zona de fortes contrastes, grande variedade de hábitats e elevada produtividade.

Queres contar comigo para falar de ecoloxismo, medio ambiente ou mar? Escríbeme!