Ven a coñocer A Coruña duna forma única e diferente. Uhna ruta en barco é una gran opción!
No Punta Pragueira poderás disfrutar doutra visión da cidade e coñocer unha grande variedade de habitantes del Golfo Ártabro.
Non te perdas a oportunidade de navegar en no Punta Pragueira.
Consulta o noso calendario para ver os días dispoñibles. Contacta se queres solicitar outra data.
Duración: 4 horas
Marina Coruña
6 persoas máximo
Tarxeta e Bizum
Nesta ruta poderá coñecer a fauna que habita o Golfo Ártabro abordado nunha embarcación tradicional. Adentramonos en alta mar ata unha zona de alta probabilidade de observación de fauna para poder ver especies de aves, mamíferos e invertebrados que son difíciles de ver desde a costa.
Algunas aves marinas, como los alcatraces, las pardelas o los paiños, pasan toda la vida en el océano y solo se acercan a la costa a anidar, son lo que denominamos aves pelágicas.
Observar os animais máis grandes do océano non é fácil, pero cun pouco de sorte, cruzaremosnos na nosa singladura con habitantes habituais da costa como os gofiños e arroaces.
A gran diversidade de seres mariños que habitan a costa da baía da Coruña inclúe tamén os máis pequenos, como os que forman o plancto. Durante este percorrido de 4 horas tamén teremos tempo para observar estes pequenos seres que forman a base da pirámide trófica.
Anímate a vivir un percorrido diferente por una Coruña ignota
Tomando un pícnic a bordo e con todo o necesario para non pasar frío e manter a nosa filosofía de produtos locais e km 0.
O Galeon Punta Pragueira é unha embarcación tradicional galega, que se usa para o entretemento e disfrute dos usuarios que queiran coñecer a cidade desde outra perspectiva. As súas dimensións son 8 metros de eslora e 2,5 metros de ancho, polo que a capacidade máxima do barco é de 6 persoas. Coñecendo todos os datos xa te imaxinas navegando polas ondas!
Estes galeóns foron empregados ata mediados do século pasado para o transporte de mercadorías entre os portos das distintas cidades e vilas galegas. Utilizáronse galeóns porque nos permiten movernos con maior facilidade polas nosas rutas ou costas grazas ás súas reducidas dimensións. Trátase dunha embarcación que polas súas características non está preparada para longas viaxes polo océano.
Xandro García Regueira
A miña relación co mar vén dende moi pequeno, cando vía pasar aos arroaces dende a ventana da miña casa, en Malpica, e xogaba a contar o tempo que mergullaban os cormoráns. De aquí nace a miña paixón e o que marcou a miña vida: biólog mariño de profesión, patrón portuario por devoción e buceador recreativo no meu tempo libre.Xandro García Regueira
A miña relación co mar vén dende moi pequeno, cando vía pasar aos arroaces dende a ventana da miña casa, en Malpica, e xogaba a contar o tempo que mergullaban os cormoráns. De aquí nace a miña paixón e o que marcou a miña vida: biólog mariño de profesión, patrón portuario por devoción e buceador recreativo no meu tempo libre.Pode ser que teñas algunhas preguntas antes de navegar connosco. Dende Mar Abaixo estaremos encantados de resolver as túas dúbidas e atender as túas suxerencias. A continuación respostamos ás preguntas más frecuentes entre a xente antes de dar un paseo en barco pola Coruña.
Sí, poden embarcar rapaces a partir de 3 anos. Cada neno ou nena ten que ir acompañado dun adulto. A responsabilidade final dos menores de idade será dos adultos que os acompañen.
Sen embargo, é importante resaltar que a embarcación para a rapazada menor de 10 anos pode resultar algo incómoda.
Recomendámosche roupa de abrigo e calzado cómodo. No mar sempre corre unha brisa que, segundo de onde sopre o vento, poder ser máis ou menos fría.
Recomendamos chegar ao punto de encontro cando menos 15 minutos antes da saída, para evitar retrasar as rutas seguintes.
Si, por condicións meteorolóxicas adversas e/ou por falta de aforo mínimo (4 persoas). En caso de ter que cancelar a saída, dámosche dúas opcións: devolverche íntegramente o que pagaches ou gardar a túa compra para outro día. Para mais información consulte Condiciones de compra.
En calquera caso, sempre confirmaremos a saída 48 horas antes.
O galeón conta con chalecos salvavidas para cada persoa da pasaxe, aínda que non é obrigatorio levalos postos durante a viaxe. A excepción de nenos/nenas e persoas con movilidade reducida, que si deberán levalo sempre posto.