Agasalla un paseo en barco pola baía de Coruña a bordo da embarcación tradicional Punta Pragueira..
Elixe o tipo de ruta guiada ou alquila a embarcación completa con patrón. Estas son as nosas propostas, se tes algunha idea, adaptámonos ao teu plan.
–Ruta A Coruña dende o mar. 2 horas de paseo en barco por Coruña para descubrir a riqueza paisaxística, monumental e a biodiversidade da ría. Inclúe consumición a bordo. 35€/Persoa
· Alquiler da embarcación (Charter). Medio día ou un día enteiro de navegación abordo do Punta Pragueira en exclusiva para un grupo ou para unha parella, ti elixes! Prezo a consultar.
Ten en conta
Para rutas regulares ou alquiler completo en exclusiva, máximo 7 persoas en cada saída.
Para canxear o agasallo é preciso reservar data con 7 días de antelación. Confimarase a saída 48 horas antes se as previsións meteorolóxicas son favorables para a navegación e cun mínimo de 4 persoas no caso das rutas.
O regalo ten unha validez de 1 ano.
No formulario indica os teus datos, os datos da persoa a quen agasallas e o seu contacto, e a ruta coa que queres obserquialo. Queres entregarlle en man unha tarxeta regalo? Nós preparámoscha e enviámola.
Unha vez enviado o formulario contactaremos para que poidas realizar o pago a través de Bizum.