Cargando...
Ruta SalGada
Coñece o Sabor Atlántico da Coruña a bordo do Punta Pragueira
300€
RUTA SALGADA
Coñece o Sabor Atlántico da Coruña a bordo do Punta Pragueira
CADA DOMINGO

Excursión en barco pola Coruña con degustación

Tras un paseo pola baía da Coruña, previa explicación sobre o entorno e a embarcación tradicional galega, realizaceros unha degustación a bordo para disfrutar de produtos galegos de proximidade relacionados co mar.

Domingos ás 11:30h
Consúltanos para realizar esta saída á outra hora.

Icono Blanco Reloj

Duración: 2 horas

Icono Blanco Ubicacion

Marina Coruña

Icono Blanco Personas

Ata 7 persoas

Icono Blanco Dinero

Tarxeta e Bizum

Degustación de mexillóns na Coruña

O obxectivo desta ruta gastronómica a bordo do Punta Pragueira é coñecer o patrimonio gastronómico vinculado a Galicia e o seu sabor atlántico, cunha experiencia gustativa a bordo.

Menú degustación

O noso menú degustación contará cunha variedade de conservas do mar, con produtos de Porto Muiños, empresa familiar ubicada en Cerceda pioneira na comercialización de algas para alimentación.

Comezaremos coa apertura de boca cunha ensalada de algas de produción ecolóxica.

Continuaremos probando mexillóns con alga wakame nun suave escabeche.

E remataremos cun sabor doce grazas ás pastas de manteiga de Raizame, elaboradas de forma artesanal desde un pequeno obradoiro en A Coruña.

Maridaxe

Como acompañamento ao menú, serviremos un viño galego da IXP Terra de Betanzos, co cal probarás a variedade de uva autóctona branco lexítimo. De intensidade aromática alta, con aromas primarios intensos a froita fresca (mazá, albaricoque) e a froita confitada (mazá en almíbar). É un viño estruturado, con corpo e persistente.

Proba o noso menú e degusta o Sabor Atlántico

Produtos de promiximidade

Fomentamos a economía local, a sustentabilidade ambiental e a conexión coa cultura e as tradicións galegas. Por iso, para esta ruta quisemos colaborar cos seguintes proxectos e empresas locais da comarca da Coruña, cos que compartimos valores.

Un galeón de tradición histórica

O galeón é unha das tipoloxías de embarcacións tradicionais galegas que están incluídas no censo do patrimonio cultural da Xunta de Galicia. Esta embarcación dedicábase ao transporte de mercadorías entre as diferentes vilas costeiras de Galicia e caracterizábase por ter pouco calado e unha cuberta ampla e plana.

Características do Punta Pragueira:

    • Eslora: 8 metros
    • Manga: 2,5 metros
    • Tripulación: 1 patrón-guía
    • Pasaxe: 7 persoas (+ 1 tripulación)
    • Propulsión: motor e vela
    • Matrícula: 6ª CO 2.4.22

A tripulación

Barco en Marina Coruña

Opinións sobre as rutas Marabaixo

Estupendo plan si tienes conocer Coruña y sus alrededores desde un punto de vista muy poco conocido. Xandro fue un patrón impecable y un anfitrión cariñoso, que consiguió que un grupo completamente heterogéneo —donde había tanto niños como mayores— se sintiera tan agusto que el crucero se nos hizo corto. Hiperrecomendable.
David Bonilla
David Bonilla
2023-04-11
Un interesante viaje con Xandro por la ría de la Coruña. Ha sido un trayecto muy ameno y un gran recurdo que llevamos a casa los 5. Muy recomendable.
Sergio Nájera
Sergio Nájera
2023-04-05
Una experiencia muy recomendable
Sara Rivas
Sara Rivas
2022-08-24
Un precioso paseo por la bahía y la entrada de la ría. El patrón es un lujo, conoce muy bien cada rincón. Un gustazo ayudar a izar la vela para navegar sin motor. Y además te invita a probar un vino local que no encuentras en ningún otro lugar. Delicioso. Totalmente recomendable ❤️❤️❤️
Luisa Cabello
Luisa Cabello
2022-08-23
Experiencia muy agradable. Fuimos con niños y abuelos. Para repetir. Gracias Xandro por tu atención y tus explicaciones. Y el tiempo acompañó así que no podemos pedir más. Lo pasamos genial.
MAYAN L.G
MAYAN L.G
2022-08-20
Es una experiencia muy chula y Xandro es amable. Mucho mejor que otras opciones más masificadas. Pedidle que os enseñe la caja con productos del mar. Es un extra no previsto que nos encantó tanto a mayores como a niños. El colofón un vino blanco fresquito de la tierra, una cerveza artesana o agua con unas papas a mitad viaje. Xandro gracias por la atención y que vaya muy bien!
Juan Carlos
Juan Carlos
2022-08-15
Nos encantó el viaje, Xandro es muy bueno describiendo paisaje e historias. Volveremos para hacer las rutas para ver aves pelagicas. Gracias Xandro
Maria Esther Lopez
Maria Esther Lopez
2022-07-30
Una tarde redonda en el Punta Pragueira. Primero dos horitas navegando por la bahía y contemplando la Ciudad de una forma que nunca había visto pese a llevar toda la vida viviendo en Coruña, acompañados de las explicaciones curiosas y amenas de Xandro, y después otras dos horitas fondeados frente al Castillo de San Antón catando cervezas artesanas y quesos gallegos de la mano de Marta que nos dió una lección magistral ante la envidia de los que nos veían desde el paseo. Una experiencia muy recomendable. Muchas gracias a los dos! Lo recomiendo!
MB
MB
2022-07-29
Una experiencia muy recomendable. Xandro súper amable, con mucha paciencia ante su "torpe" tripulación... Una perspectiva de A Coruña distinta, aprendiendo muchas cosas. Grazas, probablemente repitamos. Asinado :Óscar.
OSMAGACA
OSMAGACA
2022-07-28

Preguntas frecuentes sobre a Ruta Salgada

Pode ser que teñas algunhas preguntas antes de mergullarte nesta ruta en barco con comida a bordo. Respostamos ás preguntas máis frecuentes entre a nosa clientela para animarte a probar o noso menú salgado.

Si, poden embarcar nenas e nenos a partir de 3 anos. Cada neno ou nena debe ir acompañado dun adulto. A responsabilidade final dos menores de idade será dos adultos que os acompañen.

Non obstante, é importante destacar que a embarcación pode resultar algo incómoda para nenos menores de 10 anos.

Recomendámosche roupa de abrigo e calzado cómodo. No mar sempre sopra unha brisa que, dependendo da dirección do vento, pode ser máis ou menos fría.

Na tempada alta, é moi recomendable levar un gorro para protexer a cabeza e crema solar.

As características do Punta Pragueira fan del un barco moi estable e é difícil marearse neste tipo de embarcación. A principal razón é que navegamos practicamente ao nivel da auga, estando sempre na cuberta e ao aire libre.

Recomendamos chegar ao punto de encuentro cando menos 15 minutos antes da saída, para evitar retrasar as seguintes rutas.

Si, aceptamos diferentes formas de pago. Podes pagar a través desta páxina con tarxeta, con Bizum ou pagar en efectivo o día da saída. Non obstante, deberás realizar a túa reserva con antelación para asegurar a data. Ao realizar a reserva, poderás elixir o método de pagamento.

Si, cando as condicións meteorolóxicas sexan adversas, a viaxe poderá ser cancelada. Nese caso, ofrecémosche dúas opcións: adiar a data da viaxe ou cancelala. No caso de cancelación, reembolsarémosche o importe pagado previamente.

Sempre confirmaremos a saída 48 horas antes.

O galeón conta con chalecos salvavidas para cada persoa do pasaxe, aínda que non é obrigatorio levalos postos durante o viaxe. Con todo, a excepción de nenos/nenas e persoas con mobilidade reducida, que deberán levalos sempre postos.

Fala con nós
Escanea o código
Xandro de Marabaixo
Ola 👋! Moitas grazas por visitar a nosa web. Podo axudarte?
Ao escribirnos, estás aceptando a Política de privacidade