Coñece máis sobre os animais e as plantas que habitan no mar. Falo de zooloxía, microorganismos e botánica.
Os cascos dos barcos, especialmente aqueles feitos de madeira como as embarcacións tradicionais galegas, actúan como plataformas de cría para gran variedade de especies animais e vexetais do medio mariño. Pódense atopar diversos tipos de organismos, uns de orixe vexetal coma o limo ou as algas, e outros de orixe animal coma moluscos ou esponxas. Son as chamadas bioincrustacións.
Gaivotas, presentes tanto en bravas paisaxes marítimas e praias remotas como en portos, encoros, vertedoiros ou na terraza do bar da esquina. Poucas aves hai que poidan ser observadas tan doadamente en tantos lugares tan diferentes e ao mesmo tempo sexan unhas perfectas descoñecidas para a maior parte da poboación.
Se che gusta a pesca deportiva, seguro que tes comprado ou ido a coller estes animais mariños. Non se comen pero o prezo dalgunhas especies chega a máis de 60€/kg. Pero que son? Que especies se capturan en Galiza?
As ameixas son un dos mariscos estrela de Galiza. Non só polo seu sabor, senón tamén por que a ameixa fina é un dos mariscos máis caros. Das 6 especies que hai en Galiza, ti cantas coñecese? Si tes medo que che dean "gato por lebre" cando vas á praza ou a peixaría, aprende a distinguilas e sé máis consciente do que comes.
As esponxas son un artigo de luxo pero tamén un recurso mariño en extinción. Aínda que parece unha opción ecolóxica e sen fibras sintéticas para enxabonarte na túa bañeira, é preferible que empregues fibras vexetais e non un animal mariño.
As esponxas (poríferos en latín) son seres mariños que levan sendo empregados durante milenios polos humanos. Son os animais pluricelulares máis sinxelos pero encerran unha estrutura complexa.
Os patexos, tamén chamados patelos ou cangrexos patudos, están a chegar estes días á costa. Non acontece moi acotío, pero as veces entran nas rías procedentes da plataforma continental. Viaxan como un enxame nadando todos xuntos, polo que cando chegan á costa vense multitude deles.
Posto que empregan a luz solar para fixar CO2, ao igual que o fan as plantas terrestres, son uns dos principais productores de enerxia do ecosistema mariño, e emiten a metade de todo o osíxeno que se produce na Terra.
Estes día o mar regalounos un acontecemento ben curioso. Este animal chámase científicamente Phronima sedentaria e non mide máis duns milímetros. É un crustáceo anfípodo que taxonómicamente pertence a mesma Orde que a pulga de mar, pero a diferencia das pulgas, que viven na area, a Phronima sedentaria vive flotando na auga.
Non é doado estimar o número total de mexillóns que hai en Galiza, xa que ademais dos que están nas bateas, existen moitos outros mexillóns “salvaxes” apegados ás rochas da nosa costa.
A Crassostrea gigas (ostra xaponesa ou ostra rizada) leva anos introducida en Galiza e parece que este vai ser un bo ano para @s productores/as desta especie invasora