Dende aplicacións web e móviles para identificar fauna, pasando por innovacións en construcción naval ou proxetos de ciencia cidadá, o certo é que os avances tecnolóxicos tamén se aplican no medio mariño.
Se eres coma min unha persoa á que lle gusta vivir o mar dende todos os ángulos, incluso dende internet, propóñoche seguir estas contas de Instagram. Todas teñen máis dun millón de seguidoras, e son das máis populares relacionadas co mar que hai nesta rede social. Como nesta rede social tamén se poden seguir hashtags, propóñoche seguir algunhas das máis populares relacionadas co mar.
É cada vez máis común ver coches eléctricos circulando polas nosas cidades pero as similitudes entre un automóbil e unha embarcación son poucas. Quizais sexa por iso que de momento non existen moitos barcos eléctricos e os que cito neste artigo son unha excepción.
Nunca estivo tan próxima a ciencia para a cidadanía como agora, existen multitude de proxecto nos que calquera con interese pode participar. A ciencia cidadá é o camiño bidireccional entre a xente do común é as persoas que investigan. Tés que botarlle un ollo a estas 5 iniciativas.
Non fai falta ser biólogo para coñecer a biodiversidade que nos rodean, moito menos hoxe que temos unha gran cantidade de información (literalmente) na palma da nosa man. Ti tamén podes aprender a coñecer a biodiversidade con estas 3 aplicacións.