Moito do que comes provén do mar. Aquí recollo artigos sobre produtos pesqueiros, identificación de especies comerciales e etiquetado.
O polbo é un dos alimentos máis simbólicos da gastronomía galega. Unha ración de polbo é en si mesma unha festa, un exercicio de convivencia, de folclore ou case de historia. Este típico manxar galego é un dos produtos pesqueiros con maior aumento de demanda dos últimos anos, pero as capturas en Galiza están a descender dende o 2016. O eterno debate sobre a procedencia do polbo que consumimos é, se cadra, máis aguda nun ano de capturas tan escasas.
Cadelucha, cornicha, chirla, carneiro, relo, rabioso e arola. Coñecelas? Unhas parécese máis e outras menos as ameixas, pero todas son moluscos bivalvos comestibles. Se queres aprender a distinguir estas especies mariñas, aquí che deixo unhas claves.
É habitual que neste mes de decembro os prezos de moitos produtos pesqueiros se disparen pola elevada demanda. Acontece con mariscos como a centola, os percebes, ameixas, nécora, pero tamén con peixes de “alta gama” como robalos, linguados, sargos, etc. Este ano 2020 a pandemia parece que pode con todo, pero os prezos do marisco non están tan baratos como se esperaba.
O “atún rojo” ten unha carne de alto valor engadido e tamén é unha especie en perigo de extinción. Sabíalo?
Sabes diferenciar a vieira, voandeira e zamburiña? Cal é a especie máis capturada en Galiza?