Bioincrustacións: organismos que causan corrosión nas embarcacións
Os cascos dos barcos, especialmente aqueles feitos de madeira como as embarcacións tradicionais galegas, actúan como plataformas de cría para gran variedade de especies animais e vexetais do medio mariño. Pódense atopar diversos tipos de organismos, uns de orixe vexetal coma o limo ou as algas, e outros de orixe animal coma moluscos ou esponxas. Son as chamadas bioincrustacións.