Novas relevantes sobre turismo e mar.

A Pena das Ánimas no porto de A Coruña

Pegado e case formando parte do que hoxe é un dos portos máis importantes de Galicia atópase a Pena das Ánimas. Unha rocha coñecida en A Coruña por ser a causa de máis de un naufraxio, como o do buque Memphis en 1879. Co paso do tempo e os cambios producidos na infraestrutura do porto de A Coruña esta Pedra das Ánimas perdeu perigosidade, pero non interese.

Continuar lendoA Pena das Ánimas no porto de A Coruña

As conservas de pescado en Galicia: historia e actualidade

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

A necesidade humana de manter os alimentos durante períodos relativamente longos de tempos ven xa de antigo, antes incluso do que chamamos historia. Así, co tempo fomos desenvolvendo técnicas relativamente coñecidas e mantidas na actualidade como a salgadura, os encurtidos ou o uso de graxas como illantes. O método máis utilizado na actualidade son as conservas, entre as que destacan as conservas de pescado e marisco.

Continuar lendoAs conservas de pescado en Galicia: historia e actualidade

Faros de Galicia: os oito faros do Golfo Ártabro

  • Comentarios da entrada:2 comentarios

Ao norte da provincia de A Coruña, no zona media do seu litoral, sitúase a chamada Costa Ártabra. Entre as vilas, paisaxes, praias e recunchos desta área atopamos unha serie de cabos que enmarcan catro rías. En cada unha desas puntas destaca a construción do faro, a figura que protexe aos navegantes fronte a forza do mar e os bruscos cantís.

Continuar lendoFaros de Galicia: os oito faros do Golfo Ártabro

As mulleres e o mar: as mulleres mariñeiras si existen.

  • Comentarios da entrada:1 comentario

Imos facer unha viaxe pola figura da muller no mar, das mulleres mariñeiras. Remarcando, nas distintas perspectivas do mar e as labores que se poden realizar nel, como cambiou o papel das mulleres para a sociedade, dende que telas no barco era sinal de mal augurio ate a actualidade, en que, paseniño pero insistindo, imos atopando o noso lugar en calquera recuncho dese fogar que é o mar.

Continuar lendoAs mulleres e o mar: as mulleres mariñeiras si existen.

Culturmar: 30 anos de apoio á cultura marítima e fluvial

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Neste ano 2023 fan 30 dende o comezo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coñecida como Culturmar. A súa orixe remóntase a 1993, ao redor dunha xuntanza de embarcacións tradicionais que tivo lugar en Ribeira. Dende entón mantivéronse tanto as xuntanzas ou encontros deste tipo, como unha serie de obxectivos que defenden o Patrimonio Marítimo de Galicia.

Continuar lendoCulturmar: 30 anos de apoio á cultura marítima e fluvial

O mantemento máis esencial nunha embarcación tradicional

  • Comentarios da entrada:1 comentario

A ferramenta básica de Marabaixo é o noso barco, o Galeón Punta Pragueira. Como xa contamos brevemente en entradas anteriores, este navío é unha embarcación tradicional, propia das rías galegas, empregada noutros tempos para mover mercadorías e que na actualidade utilizamos para viaxes turísticas e divulgativas. E como todas as embarcacións precisa dun mantemento básico.

Continuar lendoO mantemento máis esencial nunha embarcación tradicional

Barcos afundidos en Galicia

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Son milleiros os barcos afundidos en Galicia. Os fortes ventos mareiros, as correntes mariñas, pero sobre todo a irregular costa e os baixos fondos do noso litoral explican os 8.000 naufraxios que viviron na nosa beiramar. As vilas mariñeiras e as cidades costeiras viviron grandes naufraxios, coma Memphis na Pedra…

Continuar lendoBarcos afundidos en Galicia

Embarcacións tradicionais galegas: historia do galeón galego

  • Comentarios da entrada:3 comentarios

Embarcacións tradicionais galegas A costa galega ten unha grande riqueza paisaxística, biolóxica e económica. Por esta razón, dende hai séculos, os mariñeiros utilizaron as embarcacións tradicionais galegas para traballos de pesca, marisqueo ou transporte de mercadorías.  As nosas rías foron navegadas por diferentes embarcacións que forman parte do patrimonio marítimo…

Continuar lendoEmbarcacións tradicionais galegas: historia do galeón galego

Castelos na Coruña

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Castelos na Coruña A posición estratéxica da capital do Reino de Galicia durante séculos explica a construción de tres castelos na baía da Coruña para defendela urbe dos ataques das armadas estranxeiras. Non foi até a Idade Moderna cando se construíron os Castelos de San Antón, Santa Cruz e San…

Continuar lendoCastelos na Coruña

Premios turísticos a un proxecto pesqueiro

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Pescaturismo ven de ser galardoada no ano 2018 polo goberno balear como "la mejor experiencia turística", e co premio "Turismo Sostenible de Fitur". Estes dous galardóns recoñecen o caracter innovador e sostible desta iniciativa, que comezou a súa actividade no 2015. Esta start-up tecnolóxica embarcou no 2018 a máis de 800 persoas nas Illas de Mallorca e Menorca. En total foron case 300 excursións en barcos pesqueiros profesionais que se saldaron sen ningún incidente.

Continuar lendoPremios turísticos a un proxecto pesqueiro

Fin do contido

Non hai máis páxinas que cargar