Se estás pensando en dar un paseo en barco pola Coruña non deixes pasar a oportunidade de navegar no Punta Pragueira. Este galeón ofréceche unha visión única a escasos centímetros do mar!
2 horas
Marina Coruña
35€ persoa
7 persoas máximo
Venres pola tarde e sábados (en inverno)
11:30h · 15:00h
Saída dende o Muelle das Ánimas (Marina Coruña). Só previa reserva.
No Punta Pragueira terás outra mirada da cidade que é descoñecida para a maior parte da poboación urbana, tan afeita a observar cada día a inmensidade do mar que a rodea, pero pouco acostumada a contemplala dende unha embarcación.
Anímate a vivir un percorrido diferente por unha Coruña ignota.
Durante as dúas horas desta apaixonante viaxe imos descubrir espazos dun grande valor histórico e patrimonial. Desfrutaremos do Castelo de San Antón e a súa muralla dende outro ángulo e contaremos anécdotas e historias das batallas de Francis Drake.
Cara a outra banda da ría admiraremos puntos dunha importante riqueza paisaxística como o Seixo Branco e observaremos os seres vivos que poboan as augas polas que navegamos.
Neste paseo en barco pola Ría da Coruña, realizaremos paradas en lugares cun alto valor ecolóxico grazas á enorme diversidade de especies que habitan nas nosas augas e as súas ribeiras. Así, ollaremos diversas aves ártabras como os corvos mariños, gaivotóns, paíños ou garzas reais.
E non podemos esquecer aos mariñeiros e ás historias de naufraxios. Aprenderemos a orientarnos no mar para saber entrar na baía da Coruña, recoñecer as balizas e evitar tropezar co que non vemos pero está debaixo. Saudaremos á Illa da Marola, lembrando aquel refrán dos vellos lobos de mar: “Quen pasou a Marola, pasou a mar toda!”
Ao tempo que contemplamos a maxestosa Torre de Hércules, aproveitaremos para probar productos da terra. Este aperitivo inclúe un viño ou cervexa elaborados na nosa comarca acompañados duns petiscos.
O Galeón Punta Pragueira é unha embarcación tradicional galega, que está restaurada para o lecer e goce dos usuarios que queiran coñecer a cidade desde outra perspectiva. As súas dimensións son 8 metros de eslora e 2,5 metros de manga, polo que a capacidade máxima do barco é de 6 persoas. Coñecendo todos os datos xa te estás imaxinando navegando polas ondas!
Estes galeóns empregáronse até mediados do século pasado para transportar mercadorías entre os portos das diferentes cidades e vilas galegas. Os galeóns utilizáronse porque permitían moverse cunha maior facilidade polas nosas rías ou costas grazas as súas reducidas dimensións. É unha embarcación que, debido a súas características, non está preparada para grandes viaxes polo océano.
Xandro García Regueira
A miña relación co mar ven dende ben pequeno, cando vía pasar os arroaces dende a fiestra da casa, en Malpica, e xogaba a contar o tempo que se mergullaban os cormoráns. De aquí nace a miña paixón e o que marcou a miña vida: biólogo mariño de profesión, patrón portuario por devoción e mergullador recreativo no meu tempo libre.Xandro García Regueira
A miña relación co mar ven dende ben pequeno, cando vía pasar os arroaces dende a fiestra da casa, en Malpica, e xogaba a contar o tempo que se mergullaban os cormoráns. De aquí nace a miña paixón e o que marcou a miña vida: biólogo mariño de profesión, patrón portuario por devoción e mergullador recreativo no meu tempo libre.Se queres descubrir as anécdotas e lendas dos mares da cidade dende un galeón que navega con vento nas velas… precisas saber máis! Quizais tes algunhas preguntas antes de mergullarte neste paseo en barco pola Ría da Coruña, verdade?
Dende Mar Abaixo estaremos encantados de resolver calquera dúbida ou atender as túas suxestións. Vexamos cales son as preguntas máis frecuentes entre a xente antes de dar un paseo en barco pola Coruña.
Sí, poden embarcar rapaces a partir de 3 anos. Cada neno ou nena ten que ir acompañado dun adulto. A responsabilidade final dos menores de idade será dos adultos que os acompañen.
Sen embargo, é importante resaltar que a embarcación para a rapazada menor de 10 anos pode resultar algo incómoda.
Recomendámosche roupa de abrigo e calzado cómodo. No mar sempre corre unha brisa que, segundo de onde sopre o vento, poder ser máis ou menos fría.
Recomendamos chegar ao punto de encontro cando menos 15 minutos antes da saída, para evitar retrasar as rutas seguintes.
Sí, pódese pagar a través desta páxina con tarxeta ou pago en efectivo o día da saída. O facer a reserva, poderás elexir o método de pago.
Si, por condicións meteorolóxicas adversas e/ou por falta de aforo mínimo (4 persoas). En caso de ter que cancelar a saída, dámosche dúas opcións: devolverche íntegramente o que pagaches ou gardar a túa compra para outro día.
En calquera caso, sempre confirmaremos a saída 48 horas antes.
O galeón conta con chalecos salvavidas para cada persoa da pasaxe, aínda que non é obrigatorio levalos postos durante a viaxe. A excepción de nenos/nenas e persoas con movilidade reducida, que si deberán levalo sempre posto.
Ao ser unha ruta ao aire libre o uso de mascarilla será opcional.
©2022. Marabaixo. Todos os dereitos reservados