Crónica dun plástico anunciado
Non é unha señora con gadaña nin un esqueleto descarnado, pero provoca mortes agónicas e dolorosas nos seres mariños. Debrías coñecer as terribles mortes que causa o plásticos para tomar medidas e buscar alternativas.

Agora que chega o verán, aproveitarás a saída do sol e a chegada da calor para visitar as praias. Desfruta dun chapuzón no mar ou tirate na toalla a broncearte, pero ten en conta que en todas as praias están a acontecer, cando menos, 4 conflitos dunha terrible envergadura.
"A ciencia é clara, os feitos son incontrovertíbeis, e é inconcevible para nós que os nosos fillos e netos teñan que soportar o terrorífico peso dun desastre sen precedentes que fixemos nós mesmos."
A urbanización do litoral, é unha das principais causas de disminución da calidade dos hábitats mariños. Así o recollen moitas asociacións ecoloxistas de Galiza (Verdegaia, ADEGA) da península ibérica (Ecologistas en Acción, Quercus) e de todo o mundo (Greenpeace) e as alteracións que as construccións mariñas causan son case sempre desprezadas polos constructores e polos Estudos de Impacto Ambiental (EIA)