2 minutos de lectura
Polbo en locomoción bípeda ©Hernández-Urcera et al. 2020, Marine Biodiversity

Por que a este polbo se lle deu por esa tolería? Neste vídeo de 20 segundos podes ver un pequeno Octopus vulgaris cun comportamento pouco usual. Unha publicación de investigadores do IIM-CSIC de Vigo e o IEO de Baleares na revista Marine Biodiversity, describe por primeira vez este comportamento.

Una gravación feita nas Cíes o pasado día 1 de xuño de 2019 documenta por primeira vez a locomoción bípeda nun polbo. Ese molusco sole desprazarse nadando impulsado polo chorro do sifón ou empregando os oito tentáculos que ten. A locomoción bípeda non é algo habitual aínda que se ten documentado noutras especies como Abdopus aculeatus.

©Hernández-Urcera et al. 2020

Nestas imaxes, que sintetizan o vídeo, pode observarse como durante a locomoción bípeda o xuvenil permaneceu camuflado cos dous brazos dorsais levantados mentres usa os brazos ventrais esquerdo e dereito como patas

Cando un polbo se move rapidamente, faise visible e cando permanece camuflado ten que moverse amodo, polo que camiñar sobre dúas patas pode entenderse como unha fase intermedia na que se despraza mantendo a camuflaxe.

Entón porque camiña desta forma?

Este comportamento que só se documentou neste xuvenil, podería permitir a estes animais moverse relativamente rápido mentres usan os brazos restantes para manter a camuflaxe. Ademais, mentres camiña, o polbo pode imitar as algas circundantes, aumentando a súa oportunidade de pasar desapercibido. 

Aínda que é unha observación única, é lóxico pensar que a locomoción bípeda poida formar parte do repertorio de comportamentos do polbo. Estas pequenas curiosidades que aparecen no mar, como os aliens de samil, fan que o mar nunca deixe de sorprendernos.

Máis información 

Faro de Vigo. 21/09/2020. La desconocida táctica defensiva del pulpo: ‘caminar’.

Hernández-Urcera, J., Garci, M.E. & Cabanellas-Reboredo, M. Bipedal locomotion by Octopus vulgaris. Mar. Biodivers. 50, 87 (2020).

Esta entrada ten un comentario

Deixa unha resposta

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Alexandre García Regueira.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting SL que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.