Gaivotas da costa galega: As especies reprodutoras

Gaivotas, presentes tanto en bravas paisaxes marítimas e praias remotas como en portos, encoros, vertedoiros ou na terraza do bar da esquina. Poucas aves hai que poidan ser observadas tan doadamente en tantos lugares tan diferentes e ao mesmo tempo sexan unhas perfectas descoñecidas para a maior parte da poboación.

Seguir lendo Gaivotas da costa galega: As especies reprodutoras

Os animais máis primitivos son as esponxas

As esponxas (poríferos en latín) son seres mariños que levan sendo empregados durante milenios polos humanos. Son os animais pluricelulares máis sinxelos pero encerran unha estrutura complexa. 

Seguir lendo Os animais máis primitivos son as esponxas

OutoMar: Outono no mar

No mar as cousas son un pouco diferentes, e a escena que se pode ver baixo a auga das rías galegas estes días non é comparable coa da Ribeira Sacra ou o Courel. Non é porque a inmersión no outono mariño, non transmita emocións, senón porque as sensacións no mar percíbense doutro xeito. Outomar é o que está a acontecer agora na nosa costa.

Seguir lendo OutoMar: Outono no mar

Crónica dun plástico anunciado

Non é unha señora con gadaña nin un esqueleto descarnado, pero provoca mortes agónicas e dolorosas nos seres mariños. Debrías coñecer as terribles mortes que causa o plásticos para tomar medidas e buscar alternativas.

Seguir lendo Crónica dun plástico anunciado

4 conflitos que existen na túa praia

Agora que chega o verán, aproveitarás a saída do sol e a chegada da calor para visitar as praias. Desfruta dun chapuzón no mar ou tirate na toalla a broncearte, pero ten en conta que en todas as praias están a acontecer, cando menos, 4 conflitos dunha terrible envergadura.

Seguir lendo 4 conflitos que existen na túa praia

Cantos mexillóns hai nas rías?

Non é doado estimar o número total de mexillóns que hai en Galiza, xa que ademais dos que están nas bateas, existen moitos outros mexillóns “salvaxes” apegados ás rochas da nosa costa.

Seguir lendo Cantos mexillóns hai nas rías?

Fin do contido

Non hai máis páxinas que cargar