6 pistas para descubrir a biodiversidade das praias
Area da Praia das Cunchas (Cangas)

6 pistas para descubrir a biodiversidade das praias

Este verán cando vaias á praia non só te tires a tomar o sol na toalla, mira ao teu redor e fíxate: estás nun ecosistema vivo. Entre a area, nas pedras, na auga, ... as praias son un entorno cheo de seres vivos. Por atoparse entre o ambiente terrestre e o mariño nas praias existe un gradiente de condicións que propician que teñan unha grande biodiversidade. Buscar pistas da existencia desta biodiversidade pode ser unha maneira divertida de entreterse en vez de só tirarse na toalla. Tamén é unha forma divertida de ensinarlle aos nosos fillos e fillas cousas que nunca viron.

Seguir lendo 6 pistas para descubrir a biodiversidade das praias

7 bivalvos que parecen ameixas pero non o son

Cadelucha, cornicha, chirla, carneiro, relo, rabioso e arola. Coñecelas? Unhas parécese máis e outras menos as ameixas, pero todas son moluscos bivalvos comestibles. Se queres aprender a distinguir estas especies mariñas, aquí che deixo unhas claves.

Seguir lendo 7 bivalvos que parecen ameixas pero non o son

Cales son as diferencias entre os 6 tipos de ameixas

As ameixas son un dos mariscos estrela de Galiza. Non só polo seu sabor, senón tamén por que a ameixa fina é un dos mariscos máis caros. Das 6 especies que hai en Galiza, ti cantas coñecese? Si tes medo que che dean "gato por lebre" cando vas á praza ou a peixaría, aprende a distinguilas e sé máis consciente do que comes.

Seguir lendo Cales son as diferencias entre os 6 tipos de ameixas

Fin do contido

Non hai máis páxinas que cargar