Menos polbo que nunca

O polbo é un dos alimentos máis simbólicos da gastronomía galega. Unha ración de polbo é en si mesma unha festa, un exercicio de convivencia, de folclore ou case de historia. Este típico manxar galego é un dos produtos pesqueiros con maior aumento de demanda dos últimos anos, pero as capturas en Galiza están a descender dende o 2016. O eterno debate sobre a procedencia do polbo que consumimos é, se cadra, máis aguda nun ano de capturas tan escasas.

Seguir lendo Menos polbo que nunca

Percebes e centolas máis baratos este Nadal

É habitual que neste mes de decembro os prezos de moitos produtos pesqueiros se disparen pola elevada demanda. Acontece con mariscos como a centola, os percebes, ameixas, nécora, pero tamén con peixes de “alta gama” como robalos, linguados, sargos, etc. Este ano 2020 a pandemia parece que pode con todo, pero os prezos do marisco non están tan baratos como se esperaba.

Seguir lendo Percebes e centolas máis baratos este Nadal

Fin do contido

Non hai máis páxinas que cargar