Menos polbo que nunca

O polbo é un dos alimentos máis simbólicos da gastronomía galega. Unha ración de polbo é en si mesma unha festa, un exercicio de convivencia, de folclore ou case de historia. Este típico manxar galego é un dos produtos pesqueiros con maior aumento de demanda dos últimos anos, pero as capturas en Galiza están a descender dende o 2016. O eterno debate sobre a procedencia do polbo que consumimos é, se cadra, máis aguda nun ano de capturas tan escasas.

Seguir lendo Menos polbo que nunca

Empeza ben o ano: 7 consellos para o consumo responsable de peixe

Considéreste ou non ecoloxista, respetar o planeta é unha obriga que ten toda a humanidade. Do mesmo xeito que coidamos a casa na que vivimos, aínda que non sexa nosa, e que procuramos non causar desperfectos nos lugares comúns do noso edificio ou de fora del, tamén debéramos pensar na casa común de todas: o planeta Terra. Velaquí van uns consello para o consumo responsable de produtos do mar.

Seguir lendo Empeza ben o ano: 7 consellos para o consumo responsable de peixe

Fin do contido

Non hai máis páxinas que cargar