O verán das candorcas en Galiza
As candorcas (Orcinus orca) son sen dúbida os cetáceos máis mediáticos. Teñen protagonizado filmes e son domesticadas para converterse na principal atracción dos acuarios, a tradución literal do seu nome en inglés (balea asasina) produce titulares con maior impacto, e xenera atracción nos lectores de prensa. O avistamento dunha manda destes animais nas costas galegas foi o acontecemento máis medíatico deste verán, polo excepcional do feito e pola interacción que estes animais tiveron con varios barcos.
Coñece aos arroaces polo seu nome
No día de onte asistín á presentación dos resultados preliminares do proxecto TurGaSur da CEMMA. Non menos importante foi a presentación dun manual de boas prácticas de navegación.
Porque varan tantos mamíferos mariños en Galiza?
O pasado ano 2018 foi o de maior número de varamentos de mamíferos mariños en Galiza dende que a CEMMA ten rexistros (sobre 350), e nos 2 primeiros meses de 2019 vararon xa máis de 110 animais. A media anual de varamentos é de 280. Se antes o máximo de varamento no ano acontecia sobre Marzo-Abril e existía un descenso en Xuño-Setembro, agora o máximo estase a dar en Xaneiro-Febreiro e prácticamente non existe un descenso no número de varamentos ao longo do ano.