5 minutos de lectura

Cando Greta Thunberg falou no Parlamento Europeo para contar, entre bágoas, que “estamos no medio da sexta extinción masiva, e o ritmo de extinción é 10.000 veces máis rápido do normal” non estaba a facer conxecturas. É unha afirmación baseada no coñecemento científico, e nos diversos estudos que existen sobre o tema.

Greta Thunberg Parlamento Europeo. Fonte: Wikipedia
Greta Thunberg no Parlamento Europeo. Fonte: Wikipedia

Que é a sexta extinción? 

No rexistro fósil da terra, detectáronse 5 eventos de extinción masiva. Todos foron causados por acontecementos catastróficos como erupcións volcánicas, impactos de meteoritos ou períodos glaciares. O máis famoso e próximo no tempo foi o evento no que se extinguiron os Dinosauros, que puxo fin ao período Cretáceo. Eventos similares aconteceron ao final do período Triásico, Pérmico, Devónico e Ordovício nos que desapareceron case todos os seres vivos do planeta.

Na actualidade temos a maior bio-diversidade dos máis de 4.500 millóns de anos de historia do noso planeta, pero están a desaparecer centos de especies sen que aconteza un evento catastrófico natural. Este é un problema que nos atinxe a todas as persoas, posto que a nosa vida depende dunha ou doutra maneira da relación que temos co ambiente. De feito, xa existen grupos organizados de persoas, como os Extinction Rebellion, que avogan por accións radicais para loitar contra esta catástrofe.

Porque sabemos que estamos no medio dunha extinción masiva?

Calcúlase que nos últimos 100 anos desapareceron 400 especies de vertebrados, un número que naturalmente tardaría 10.000 anos en desaparecer. A isto nos referimos cando falamos de sexta extinción en masa: a un ritmo de extinción anormalmente rápido. Este fenómeno, está provocando directa ou indirectamente por accións humanas, aínda que non só existen unha a causa

Parece lóxico pensar que se desaparecen os entornos naturais, tamén deixarán de existir os seres vivos que hai neles por iso a desaparición dos hábitats naturais é un dos principais causantes da sexta extinción. O conflito polo espazo entre os humanos e a natureza evidencia o pequeno que se está a quedar o planeta, e está detrás da aparición da pandemia da Covid-19.

A caza e o aproveitamento de animais e plantas é unha das causas que máis debe facernos reflexionar. Se a principios de século, cando morreu o último tigre marsupial, fósemos plenamente conscientes, de que as características dese animal non volverán a estar presentes nunca máis na Terra, quizais non tería desaparecido. O mesmo podería ter pasado coa balea vasca, practicamente extinta, ou o paxaro dodo extinto no S. XVII.

Consecuencias da sexta extincion masiva. Fonte: agenciasicnc
Consecuencias da sexta extincion masiva. Fonte: Agencia sicnc

As miles de toneladas de CO2 que os humanos emitimos a atmosfera ao queimar combustibles fósiles, provoca alteracións no clima da terra. As consecuencias do cambio climático, como a subida do nivel do mar, o aumento dos fenómenos climáticos extremos, ou a acidificación da auga do océano afectan aos seres vivos máis vulnerables. Se algunhas especie non conseguen adaptarse a estes cambios acabarán por desaparecer. Este é o caso, por exemplo, da ameaza que se cerne sobre os mexillóns

Para que sirve a bio-diversidade?

Negar ou obviar que os humanos estamos a causar a desaparición da bio-diversidade do planeta non vai axudar a modificar esta tendencia. Pode dar vertixe pensar que somos os culpables de tanta destrución, pero se queremos mudar algo o primeiro paso é aceptar a realidade. 

A bio-diversidade ten beneficios para a vida das persoas aínda que as veces non sexamos plenamente conscientes. A nosa saúde mellora co contacto directo da natureza, e na vida cotiá servímonos de moitos elementos que proveñen de seres vivos. Reducir a pegada ecolóxica non quere dicir deixar de empregar a natureza, senón facelo da forma menos nociva para o planeta.

Por exemplo, a permacultura, busca crear “bosques comestibles”, é dicir, cultivos con alta diversidade que sexan aproveitadas polos humanos. Estratexias similares poderían adoptarse noutros ámbitos como a gandeiría ou a acuicultura. Os monocultivos son moi nocivos para a bio-diversidade é deberan deixar de existir. 

Herbas da beira dun camiño
Herbas da beira dun camiño

Busca a diversidade que te rodea

Se no sito no que vives non che parece que exista moita bio-diversidade, porque vives nun entorno totalmente urbano, podes aprender a buscar esa diversidade. Aquí che propoño 4 seres nos que fixarte para descubrir que estás rodeada de vida:

  1. Paxaros: Cantos ves no teu día a día? Se queres aprender a distinguilos, empeza fixándote nos que xa coñeces, como os gorrións por exemplo, e comproba se son todos iguais.
  2. Árbores: Aínda que sexan especies plantadas para decorar nos xardíns, verás que as árbores condicionan o seu entorno. Por exemplo, na sombra dalgunhas delas, hai máis herbas e tamén máis insectos.
  3. Herbas das cunetas: Ou herbas que crecen nos bordes das estradas, paseos, camiños, etc. A pesar da mala fama que teñen estes vexetais, se te fixas nelas, atoparás follas con formas diferentes, flores de varias cores na primavera e quizais algún lique entre elas.
  4. Cunchas na praia: Se das un paseo pola praia poderás ver numerosas cunchas. Cantas especies identificas?
Pegada ecoloxica. Fonte: pixbay.com_
Pegada ecoloxica. Fonte: pixbay.com_

Que podo facer eu?

Pois como todo o que atinxe a saúde do planeta, as persoas individualmente temos un papel importante para minimizar ou reducir a pegada que deixamos no ambiente. Todas podemos reducir o impacto sobre a Terra mudando os noso hábitos de consumo, tamén na compra de produtos pesqueiros.

Informarse sobre os produtos que consumimos e as actividades que realizamos é o primeiro paso para mudalos. Para elo, podemos preguntar en grupos de persoas organizados como asociacións ecoloxistas ou de consumidoras. 

Formar parte dunha asociacións ecoloxista é sempre mellor opción que intentar cambiar o mundo individualmente. Temos que deixar de lado os prexuízos, ou a ansiedade que nos poida provocar introducirse nun grupo de persoas que non coñecemos, e fixarnos nas cousas que nos unen a esas persoas.

Máis información

Gerardo Ceballos, Paul R. Ehrlich, Peter H. Raven. Vertebrates on the brink as indicators of biological annihilation and the sixth mass extinction. Proceedings of the National Academy of Sciences Jun 2020, 201922686

Nationalgeographic.com.es. 11/07/2017. La Tierra está a las puertas de la sexta extinción masiva de vertebrados

El espectador. 06/05/2019. Las cinco grandes extinciones masivas del planeta

La Vanguardia. 12/12/2017. La ‘ballena de los vascos’ está a punto de extinguirse por culpa de la actividad humana

gl.wikipedia.org. Dodo

Deixa unha resposta

This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.

Ver más

  • Responsable: Alexandre García Regueira.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting SL que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.