Cata guiada cervexas Ale Alé

Cata guiada cervexas Ale Alé

Degutación de cervexas guiada por somelier profesional

Disfruta dunha cata de cervexas naturais AleAlé en maridaxe con productos de proximidade km0. Unha experiencia única para compartir no galéon Punta Pragueira.

4 horas

Muelle das Ánimas

50€ por persoa

Grupos 4 a 6 persoas

Saídas

De luns a domingo as 16.30h (excepto mércores)
Actividade para grupos de entre 4 e 6 persoas. Reserva anticipada.

Experiencia: cata maridaxe de cervexas AleAlé

Vive a experiencia dun percorrido no galeón Punta Pragueira e degusta a variedade das cervexas artesanais AleAlé en maridaxe con produtos galegos.  Primeiro navegaremos pola ría de A Coruña e descubrirás a súa grande riqueza. Nun  lugar tranquilo e recollido,  coñeceremos a proposta de maridaxe e cata da man da sumiller Susana Tena que adentraranos no mundo cervexeiro e a súa relación coa gastronomía.

Tradicións renovadas unidas nesta viaxe!

Cultura cervexeira

Dámosvos a benvida ao mundo da alta fermentación, no que existe unha cervexa para cada momento. 

Cata de cervexas AleAlé

Serviranse catro variedades de cervexas frescas, non filtradas nin pasteurizadas, e aprenderemos nocións básicas de cata á vez que ampliamos a nosa cultura cervexeira. 

Maridaxe con produtos galegos

Cada cervexa presentada estará acompañada de produtos tradicionais de Galicia.  As combinacións propostas realzan os sabores de cada produto en perfecta harmonía. Os alimentos ofrecidos na cata están coidadosamente seleccionados. Proceden de produtores km0 e que entenden o proceso de elaboración desde a tradición e a calidade.

Cervexa natural AleAlé

AleAlé nace para achegarche o sabor e variedade das cervexas ALE -de alta fermentación. Fabricadas de xeito 100% natural, cos mellores ingredientes e respectando as súas propiedades.

Empréganse cereais ecolóxicos, sen coadxuvantes ou aditivos químicos, sen ingredientes de orixe animal, sen azucres engadidos ou cereais de menor calidade, e respectando os tempos de elaboración.  Presentadas sen filtrar nin pasteurizar, para preservar todas as súas calidades, aroma e sabor.

Iso percíbese non só no sabor e o aroma. 

A tripulación

Punto de encontro

Que di a xente

Una experiencia muy recomendable. Xandro súper amable, con mucha paciencia ante su "torpe" tripulación... Una perspectiva de A Coruña distinta, aprendiendo muchas cosas. Grazas, probablemente repitamos. Asinado :Óscar.
OSMAGACA
OSMAGACA
2022-07-28
Pues no puedo explicar la experiencia por que dado el momento de reunirnos en el puerto para ir a dar el paseo llame por teléfono a la persona que me mando el correo de confirmación y me dijo que había estado intentando contactar conmigo para decirme que había un problema y no podíamos salir, después de darnos una paliza con el coche para llegar y dar el paseo.
Juan Carlos Salinas García
Juan Carlos Salinas García
2022-07-28
Una experiencia estupenda,para repetir
Adriana mf
Adriana mf
2022-07-24
Unha experiencia xenial! Percorrer a ría a bordo dunha embarcación tradicional é unha experiencia especial, nada que ver cos barcos turísticos habituais. Xandro é un rapaz simpático e cercano e a embarcación é chulísima. Ademáis tivemos premio e uns golfiños quixeron acompañarnos durante a nosa pequena singladura.
Hairetikos
Hairetikos
2022-07-23
Recomendable, dos horas navegando con Xandro el patrón del Galeon Mara abaixo, muy simpático , la compañia de los demás navegantes estupenda, las vistas y la navegacion fenomenal. Brindamos con un buen vino que nos sirvió Xandro el patrón. muchas gracias por todo capitán..
berto prieto gomez
berto prieto gomez
2022-07-23
Experiencia muy agradable. Fuimos con niños y abuelos. Para repetir. Gracias Xandro por tu atención y tus explicaciones. Y el tiempo acompañó así que no podemos pedir más. Lo pasamos genial.
MAYAN L.G
MAYAN L.G
2022-07-14
Muy recomendable!
M Mendaña
M Mendaña
2022-07-09
Buena experiencia navegando por la ria de A Coruña con Xandro en su galeón Punta Pragueira. Es increíble descubrir la riqueza paisajística y natural de la Coruña y todas las historias que descubres en esta visita. Además, el momento piscolabis en el mar fue una sorpresa.
Rexu pet
Rexu pet
2022-03-16

Información de interese

No momento de formalizar a reserva, é importante que indiquedes se tedes algún tipo de alerxia alimentaria para tela en conta para a cata e degustación.

Se tes algunha dúbida ou suxerencia, en Mar Abaixo atenderémosvos. Deixámosvos uns consellos e preguntas frecuentes sobre o paseo en barco.

Sí, poden embarcar rapaces a partir de 3 anos. Cada neno ou nena ten que ir acompañado dun adulto. A responsabilidade final dos menores de idade será dos adultos que os acompañen. 

Sen embargo, é importante resaltar que a embarcación para a rapazada menor de 10 anos pode resultar algo incómoda.

Recomendámosche roupa de abrigo e calzado cómodo. No mar sempre corre unha brisa que, segundo de onde sopre o vento, poder ser máis ou menos fría.

Recomendamos chegar ao punto de encontro cando menos 15 minutos antes da saída, para evitar retrasar as rutas seguintes.

Sí, pódese pagar a través de Bizum, transferencia bancaria ou en efectivo o día da saída. Ao facer a reserva, recibirás tódolos datos para facer o pago.

Si, por condicións meteorolóxicas adversas e/ou por falta de aforo mínimo (4 persoas). En caso de ter que cancelar a saída, dámosche dúas opcións: devolverche íntegramente o que pagaches ou gardar a túa compra para outro día. 

En calquera caso, sempre confirmaremos a saída 48 horas antes.

O galeón conta con chalecos salvavidas para cada persoa da pasaxe, aínda que non é obrigatorio levalos postos durante a viaxe. A excepción de nenos/nenas e persoas con movilidade reducida, que si deberán levalo sempre posto.

Ao ser unha ruta ao aire libre o uso de mascarilla será opcional.