Galiza está chea de puntos de interese natural, cultural e turístico para visitar. 

En praias e en zonas rochosas pódense realizar roteiros interpretativos intermareais, pero hai máis actividades de carácter lúdico tanto por terra como por mar que podo organizar.

Roteiros interpretativos por terra

  • Visitas a intermareais (con marea baixa)
  • Paseo pola Costa de Dexo (LIC)
  • Andaina pola Ría do Burgo
  • Roteiro pola Torre de Hércules

Roteiros interpretativos por mar

  • Paseo en barco polo Golfo Ártabro (A Coruña - Ares - Ferrol)
  • Paseo en barco pola ría de Ferrol​
  • Paseo en barco pola ría do Burgo (con marea alta)

Contacta comigo para traballar na túa idea e poder deseñar o roteiro que precisas. 

Traballo con axencias minoristas e axencias receptivas, así coma con asociacións de ocio e tempo libre e empresas turísticas. 

Se queres coñecer A Coruña de maneira diferente e natural, por terra ou mar, escríbeme!