Daniel Cerdeira: “A idea é estudar tanto o hábitat como as poboacións, para coñecer os parámetros ambientais que mellor os definen, ao final, para ter unha mellor xestión de recursos marisqueiros.”
O estudo titulado “Caracterización multivariante do substrato: o caso dos bancos marisqueiros das ría altas” caracteriza por primeira vez o substrato dos bancos marisqueiros. Trátase dunha investigación básica para a comprensión das especies comerciais cun novo enfoque no que se aplican técnicas xa utilizadas polos sedimentólogos para o coñecemento das comunidades de especies comerciais. Ademáis, como explican dous dos seus autores nesta entrevista, a gran cantidade de datos que se recolleron fai que sexa unha publicación moi sólida.
Este pode ser o comezo dun coñecemento máis profundo dos bancos marisqueiros, pero tamén unha nova forma de traballar para os biólogos da Consellería do Mar.
Xandro (X): Benvidos Daniel e Anxo a Historias do mar!
Daniel Cerdeira (DC) e Anxo Mena (AM): Ola que tal! Ola Boas!
X: Estamos aquí para falar do artigo que se titula “Caracterización multivariante do substratos: o caso dos bancos marisqueiros das ría altas”, de que vai esta investigación? Que ten de novidoso?
DC: A investigación vai dunha análise do estudo sedimentolóxico dos bancos marisqueiros das rías altas, nas 5 rias que están no norte, que van dende Ortigueira ata Ribadeo: Ortigueira, O Barqueiro, Viveiro, Foz e Ribadeo. Estúdase o substrato dos bancos marisqueiros que teñen por obxectivo seis especies: a ameixa fina, a ameixa babosa, a ameixa xaponesa, o berberecho, o longueirón vello e a coquina, son as especies obxectivo que viven nestes bancos marisqueiros. A idea é estudar tanto o hábitat como estas poboacións, para coñecer os parámetros ambientais que mellor definen este hábitat, ao final, para ter unha mellor xestión de recursos marisqueiros. Isto fíxose, xa fai un montón de anos. Colléronse para este estudo en total, 57 puntos de mostraxe ao largo de todos estes bancos marisqueiros e o que se colleu foi como un testigo duns 50 cm. Colléronse máis pero ao final analizáronse os primeiros 50 cm dende a superficie e cada 5 cm collíase unha mostra. Isto da un total de unas 555 mostras analizadas, que son unhas cantas, e dentro de cada mostra analizaronse vinte e tres variables, que entra? pois o tamaño do gran, o carbonato cálcico, a materia orgánica, os metais traza, óxidos como de silicio e aluminio. Vinte tres variables en todas estas mostras. Entón aí temos, como ves, una investigación con una base de datos bastante sólida e potente. E que ten de novo esta investigación? Primeiro o ámbito de actuación, a mostraxe abrangue cinco grandes rías do norte onde nunca antes se tiña feito así a una mostraxe deste nivel de esta profundidade. Como sempre os centros de investigación están tirando máis a costa atlántica galega o cantábrico e a zona norte estaba como un pouco máis olvidada e isto rompeu con esa dinámica. Ademais ten de novidoso que era una investigación que conectou o sector marisqueiro. Integraron este estudo seis confrarías e unha asociación de mariscadoras, xunto coas asistencias técnicas que traballaron moito con connosco. Conectounos co mundo académico, entrou neste estudo o centro superior de estudios científicos e a Universidade de Vigo, bueno tamén nós, eu son biólogo de zona da Xunta de Galicia, da Conselleira do Mar, entón tamén a delegación territorial da Xunta en Celeiro, xunto coa Confraría de Celeiro centralizamos un pouco todo e coordinamos todo o estudo. Isto foi un proxecto que se realizou entre 2006 e 2009 xa fai tempo que se realizaron estas campañas de mostraxe, pero agora traballáronse os datos e gracias a iso saíu esta publicación da que estamos a falar.
AM: Os datos estudáronse neste artigo, pero xa foran publicados, non tan en detalle en dous informes previos. O proxecto xa tiña 2 informes previos pero a análise en detalle que fixo Daniel deses datos é o que se plasma neste artigo e no anterior que ten publicado sobre a análise das augas.
X: Os sedimentos nos que viven os moluscos comercial como as ameixas, como os longueiróns, como os berberechos, como as ostras, de que están compostos?
AM: A verdade é que aquí en Galicia a composición do sedimento é fácil de determinar, por que temos un substrato rochoso bastante simple que é o granito e o xisto que da como derivados os grans de area feitos de seixo, de feldespatos e máis de mica. A isto hai que engadirlle obviamente a compoñente bioxénica, os restos de carbonato cálcico derivados das cunchas e das cubertas dos animais que viven nesa contorna. A parte importante deste estudo, que da un pouco de vida a esta composición monotemática granítica, é que aquí no norte nas ría que estudamos, a xeoloxía de Galicia cambia con respecto o que é a cornixa atlántica. Temos aí unha serie de mantos, uns complexos ofiolíticos, un tipo de rocha que nos permite ver diferentes sedimentos, que nos permite ver variar esa composición de seixo, feldespato e mica a outras diferentes. É que é moi variable dentro das 5 rías e entre elas, non é o mesmo o substrato rochoso que ten a contorna da ría de Ortigueira e de Barqueiro á que ten a de Foz e a que ten a de Ribadeo.
X: Iso inflúe na produtividade do marisco? esa diferente composición?
DC: Bueno, iso está como quen di en fase de estudo. Por que aínda que hai unhas conclusións que se sacaron neses informes que falou Anxo, que son os informes finais dese proxecto, e que algo din de que por exemplo, da ría de Ortigueira que é a máis cargada de nutrientes e polo tanto suponse que é a máis produtiva. Pero bueno aínda así, xa analizamos máis polo miúdo os datos de auga e tamén os datos de sedimento e vamos entrar a analizar agora tanto da dinámica como da distribución da abundancia do tamaño da poboacións. Aí é onde mellor se verá mellor, e relacionándoo coas condicións hidrográficas e do sentimento esa pregunta. Tamén está en fase de estudo a análise da explotación deste recurso por parte dos mariscadores, para saber tamén como as condicións ambientais poden influír na maior ou menor produtividade.
AM: É importante ter en conta que a verdade é que é complicado atopar estudos que analicen os bancos marisqueiros dende un punto de vista sedimentario tan en detalle como é o caso deste estudo. Moitas veces a caracterización sedimentaria do hábitat no que viven as especies explotables das que estivéchedes falando, redúcese simplemente a unhas mostras dispersas ao largo da ría ou dos campos de cultivo. Neste caso estamos a falar do set de mostras que dixo Daniel que son cincocentas e pico mostras repartidas en cincuenta e pico estacións que caracterizan os primeiros cincuenta centímetros de cada un destes bancos marisqueiros. É un aspecto importante deste traballo: caracterizar o sitio onde crece este tipo de marisco.
X: Analízachedes os primeiros 50 cm porque, entendo eu, que é onde está a gran maioría dos bivalvos, non?
DC: Exacto. Iso foi así. Ata un dos estudos que fixemos no substrato foi estudar por una parte os 20 centímetros superiores e contrastalo cos 30 máis profundos para ver si de repente a existencia dos bivalvos, que solen estar na capa superior, notábase dalgunha maneira, si destacaba algún dato para ese caso e chegamos á conclusión de que non. Que non hai diferenzas de sedimento entre a capa, que se pode dicir bio-turbada, onde viven os moluscos, da que está máis en profundidade. Era practicamente a mesma quitando un pouco máis de materia orgánica en profundidade pero resto non había diferenzas. Era por iso, porque é a zona habitada polos recursos.
X: E é extrapolable este estudo a outras partes de Galicia?
DC: Home claro que é. Ata gracias este estudo, como quen di, conformouse un grupo de xente, un equipo, que a verdade é que pode ir a calquera banco marisqueiro hoxe en día e analizar o estado do propio banco. Esto por exemplo o temos feito cunha problemática que xurdiu na consellería, do estado daba cadelucha, da coquina que está a desaparecer en case todoso os bancos, que sólo existe un día de hoxe produción que no banco de Vilarrube en Cedeira. Entón xurdiu a problemática de saber que pasaba con esta especie, e o equipo volcouse neste outro estudo comparando todas as poboacións de onde aparecía coquina no seu tempo, onde houbo produción e que había desaparecido, comparándoa con este banco de Vilarrube. Como unha especie de equipo forense para saber que tiña pasado, todo en base a analítica do sedimento, da auga, tamén das poboacións, todo na mesma idea. Por eso si que penso que é extrapolable a Galicia ou a calquera sitio onde haxa un intermareal con poboación, e temos xa, como quen di, a ferramenta xa bastante máis afinada para poder contestar preguntas que pode facer o sector.
AM: Como diría outro dos autores deste artigo, Jaime, os métodos estatísticos están aí non son nada novo. O que é novidoso é a análise integral destes bancos marisqueiros a partir do sedimento, a análise integral dende o punto de vista sedimentolóxico, o biolóxico é outra parte do estudo. Ábrese unha vía nova para caracterizar algo tan importante en Galicia como son os bancos marisqueiros, dende un punto de vista que ate o de agora non está de todo establecido nas normativas e nos protocolos de uso destes espazos.
X: E os próximos pasos nesta liña de investigación, como diciades é afondar na parte biolóxica, ou que tedes pensado?
DC: Si, como che comentei antes, afondar moito no estudo das poboacións, que xa se mostrexaran tamén naquel tempo. Aí vamos a estudar tanto a distribución das especies, as densidades, a dinámica do tamaño das poboacións, dos pesos, … e o que produciron no seu tempo, a economía mesmo tamén, porque temos os datos tamén das ventas nas lonxas. Temos unha variedades de información que vamos a estar analizando e iso é ao que nos vamos a dedicar, me vou a dedidar, no futuro.
X: bueno pois estaremos moi atentos as próximas á investigacións que seguro que dan resultados moi interesantes, e quizais poidamos contalos aquí tamén. Moitas gracias por concederme esta entrevista Daniel e Anxo. Vémonos no mar!
DC e AM: Gracias a ti.