🎙[Podcast] Entrevista: Carolina Martínez

8 minutos de lectura

Carolina Martínez: “Xa hai construcións reais onde se usou formigon con cunchas de mexillón”

Aínda que a enxeñaría civil non parece un  campo da investigación moi propio da temática deste blog, tiven a oportunidade de asistir a unha tese moi mareira que versaba sobre materiais de construción. Converso neste programa de “Historias do Mar” coa arquitecta técnica e doutora en enxeñaría civil Carolina Martínez para falar sobre a súa tese, na que describe un novo material de construción a partir de restos de mexillóns, os animais máis cultivados en Galiza

Xandro (X): Ola Carolina.

Carolina Martínez (CM): Ola, boa tarde, que tal.

X: Moitas persoas que nos están a escoitar preguntaranse porque estou entrevistando a unha persoa que investiga en enxeñaría civil, verdade? e que terá isto que ver co mar? así que cóntanos, a túa tese, que acabas de ler hai nada, toca un tema moi mareiro, como se che ocorreu? é unha idea que che marcaron os directores de tese, ou como é?

CM: É unha idea que descubrín hai xa bastante tempo a través dunha formación en construción ecolóxica ou bio-construción con palla embalada (alpacas). Esta formación estaba apoiada nunha publicación sobre ecoloxía construtiva e as diferentes formas de construír e usar este material. Había un pé de páxina moi pequeniño que dicía que en Dinamarca estaban a usar cuncha de mexillón en construción usando tamén a palla embalada. Eu vivín moitos anos en Moaña, nunha ría onde as bateas son bastante numerosas e dixen, e aquí en Galicia que facemos con este material? que facemos cos desfeitos? coas cunchas que non teñen un uso? que se fai? aplícanse tamén en construción? tamén podemos usa-las aquí? e esta inquedanza foi a que me levou a falar cos profesores de enxeñería civil da Escola de Enxeñaría de Camiños Canais e Portos da Coruña. Por fortuna tamén estaban dispostos a querer investigar. Tiveron a ben falar con diferentes empresas para presentarnos todos xuntos a una convocatoria FEDER-interconecta, que financiou un proxecto bastante grande con tres empresas (extraco, galaicontrol e serumano) co apoio da Universidade da Coruña e con dous grupos de investigación: gCONS da EECCP da Coruña e a Escola de Dirección de Proxectos de Ferrol. 

X: Entón a cousa vai de mexillón, de cunchas de mexillón.

CM: De aproveitar as cunchas de mexillón na construción. De usalas, ben como árido para substitución do árido natural (area de canteira) para a fabricación de formigóns ou morteiros de revestimento (é dicir, estas pastas que se colocan las paredes para dar o acabado liso que todos vemos) ou ben como un material sen ligante (é dicir, un material solto de recheo) que pode facer as funcións de illamento térmico e acústico nunha construción.

O chan do módulo Biovalvo
Formigón con cuncha de mexillón
X: Entón este novo material que estás describindo na túa tese, pode ser empregado para construír unha casa? 

CM: Si claro, por suposto que si. En diferentes solucións construtivas desa casa, pero si. De feito, como colofón do Proxecto Biovalvo, o proxecto que antes comentaba financiado con fondos FEDER, construíuse un módulo experimental no campus de Elviña da Universidade da Coruña (a carón das hortas universitarias). Fíxose este edificio para probar todas las soluciones construtivas e todos os materiais que se estudaron durante o proxecto e a tese, posteriormente en maior medida, e deron lugar a un edificio construído con este material.

X: Moi interesante, interésame a min falar dese proxecto biovalvo, porque como nos comentabas antes interviron varias empresas para elaboración dese proxecto piloto, como se consigue que empresas financian a túa investigación?

CM: Este foi un proxecto de gran envergadura. As empresas ven un interese no produto final e tamén un interese engadido de poder participar nun proxecto con financiación europea, (que xestiona o CDTI, o centro de desenvolvemento de tecnoloxía industrial). Ten un interese para todas as persoas que forman partes dese tipo de proxectos, xa que ten unha pegada e unha importancia a nivel internacional. Evidentemente eu sola non podo facer este tipo de proxectos, hai un grupo de investigadores detrás. Neste caso no meu grupo gCONS, os investigadores principais do proxecto foron Belén González Fonteboa e Diego Carro López, que foron finalmente os directores de miña tese. As empresas realmente non están financiando a miña investigación están financiando un proxecto de investigación do que evidentemente son titulares tamén das patentes que saíron como resultado desta investigación. Despois de que o proxecto finalizara eu iniciei unha investigación que xestionou o grupo de investigación da universidade. Digamos que non me pagaron as empresas a miña investigación

X: Entón, segundo o que comentas, pode empezar a construírse casas con mexillóns mañá?

CM: Si, pero xa hai construción reais, incluso aquí nesta cidade, na Coruña, cerca do Ágora. Onde se usou formigón con cunchas de mexillón para todo o pavimento dunha praza. Tamén se fixeron as escaleiras e un muro de contención para unhas xardiñeiras. Foi unha aposta pola estética e polo uso deste material, para darlle unha segunda vida, para facer una economía circular, aproveitando que este material é un subproduto da industria conserveira que ten pegada moi importante en Galicia e darlle un novo uso como é árido para construír. A parte, falaban nun artigo de prensa de darlle esa xustiza poética, é a praza dos mariñeiros a que ten cunchas nos pavimentos. 

IMG 20201113 101332
Carolina Martínez na presentación da súa tese doutoral
X: Cambiamos un pouco de tercio. Quería preguntarche, por que durante a exposición da túa tese, á que tiven a sorte de asistir, deuse un debate sobre canto deberían durar as teses doutorais. Creo que legalmente obrigan a facerse entre 3 e 5 anos. Ti pensas que unha tese, agora queres doutora e terás que correxir teses seguramente, cres que entre tres e cinco anos e un tempo suficiente para escribir unha tese? a ti canto che levou? 

CM: A miña tese durou o que está estipulado, e dicir, durou tres anos, 3 cursos lectivos. A razón disto foi porque parte da gran maioría da tese puidémola probar no Proxecto Biovlavo. Nós tivemos a sorte de ter 2 anos para facer moitos ensaios que nos permitiron saber que queriamos desenrolar e que teriamos estudiar e profundizar para facer unha tese doutoral de calidade. Realmente son 3 anos de traballo duro de tese onde os 2 anos anteriores se puideron facer moitas cousas. Realmente entre tres e cinco anos debería dar para facer unha tese doutoral pero a calidade das teses está medida hoxe en día polas publicacións científicas, e as publicacións científicas son algo que non soamente depende la persoa que a redacta, senón que depende dunha revista que corrixa. No mellor dos casos pasan seis meses desde que entregas o manuscrito a unha revista e cho aceptan. Estamos falando de revistas de impacto elevado. Entón, se un quere ter 3 publicacións, quizais 3 anos se quedan curtos porque ti tes tamén unha fase experimental. E hai que facer unha publicación que poida entrar nunha revista desta categoría. Pero si ti o que fas é redactar, e tes un manuscrito de moita calidade sen esperar aos tempo da revista, ao mellor si que chega. Non quero dicir que non se poidan facer cosas de calidade entre 3 e 5 anos, pero a realidade é que hoxe en día a esixencia é cada vez máis grande. Tes que publicar cada vez máis para ter un grado de excelencia para una tese doutoral. 

X: Como cres que debería cambiar o sector da construción para que sexa máis ecolóxico do que agora?

CM: Creo que o reto da construción de que empezar a pensar moito máis en cada paso que se da. Actualmente a gran maioría dos materiais que temos no mercado son materiais que teñan un a pegada ecolóxica importante en todo o seu ciclo de vida. Consumen moitísima auga e moitísima de enerxía para a súa fabricación, e non só iso, se estudiamos todo o ciclo de vida, cando remata a construción, e dicir cando hai unha demolición, ou un desmontaxe desa construción, ese material ten que poderse re-utilizar. Moitos materiais que temos no mercado non poden ser re-utilizados, non se poden reciclar, no se poden volver a meter no ciclo para obter o mesmo material ou un material derivado. Iso é un problema bastante importante. Si que existen afortunadamente dende hai máis de 40 anos, materiais naturais cunha pegada ecolóxica moi baixa, que consumen moita menos enerxía e moito menos auga para la fabricación e que son reciclables 

X: E ti considéraste ecoloxista? 

CM: Si claro. Aínda que sempre podemos facer cousas mellor. Podemos re-pensar as nosas actividades. Sempre podemos dicir: realmente me fai falla saír co coche da casa? por exemplo, por dicir así na vida habitual. Podo moverme en transporte público? podo consumir cousas que teñan mellor pegada ecolóxica? podo deixar un menor impacto na terra ou no mundo? sempre aí hai esa rivalidade entre a calidade de vida ou o esforzo que tes que facer para cambiar determinados hábitos e esa outra forma de querer vivir para estar ben con un mesmo. Estou facendo as cousas o mellor que podo? o mellor que un pode, non todo o mellor que podería facerse, é moi complexo. 

IMG 20200925 171151
Cartel que informa do proxecto Biovalvo no campus de Elviña
X: Ti levaches un blog que se chamaba Bioconstruirme e participaches na fundación dunha asociación de bio-construción que se chama Espiga, si no me equivoco 

CM: Creo que comezaron as xuntanzas para fundar Espiga no 2011-2012 e finalmente fundouse a asociación. Asináronse os estatutos e a acta fundacional no ano 2013, se non recordo mal, no mesmo ano que fixemos as primeiras xornadas de bio-construción en viveiro sobre o cal. 

X: Xa para rematar, tes pensado seguir investigando? 

CM: encantaríame seguir investigando. Encantaríame e espero poder facelo. Agora mesmo, quedanme unhas cantas publicacións pendentes de publicar da tese. Tantos anos de investigación da para moito, o que pasa que se precisa moito tempo para sacala adiante.  Quedan tres ou catro publicacións pendentes que me gustaría a min facer ao mellor algún máis, soamente da investigación do mexillón.  Encantaría poder continuar a investigación sobre materiais naturais, paréceme algo que ten que ser o futuro. Cada vez hai máis publicacións sobre este tema, sobre o uso fibras naturais, uso se materias reciclados, con subproductos de diferentes industrias. Se traballa con residuos con dálle a volta e pechar o círculo. 

X: Pois moitas gracias Carolina. Foi moi interesante esta conversación. Gracias por concederme esta entrevista. 

CM: Moitísimas gracias a ti. Foi un pracer. Gracia por seguir divulgando a investigación que tan importantes é, e espero que chegue a todo el mundo.