Pegado e case formando parte do que hoxe é un dos portos máis importantes de Galicia atópase a Pena das Ánimas. Unha rocha coñecida en A Coruña por ser a causa de máis de un naufraxio, como o do buque Memphis en 1879. Co paso do tempo e os cambios producidos na infraestrutura do porto de A Coruña esta Pedra das Ánimas perdeu perigosidade, pero non interese.
Índice de contenidos
A Costa da Morte e os naufraxios en A Coruña
É posible que na actualidade non nos pareza estraño ou destacable, probablemente só curioso, o nome que recibe esta zona da costa da provincia de A Coruña: A Costa da Morte. Mais se se pensa un pouco, non semella sinxelo conseguir atraer comercio, navegación e turismo a unha zona con semellante nome de mal agoiro.
Polo que din ese é o motivo polo que a cidade de A Coruña loitou por afastarse dese topónimo, tratando de que a Costa da Morte rematara antes de chegar á propia cidade. Sen embargo, na costa da capital da provincia atopamos outros felices nomes, como a Pena das Ánimas, que tamén dan que pensar.
Coñecemos na actualidade máis de 1500 pecios baixo as costas galegas, moitos deles, senón a maioría, localizados na Costa da Morte xunto cos portos máis importantes como o de A Coruña ou Vigo. Esta gran cantidade de accidentes marítimos é debida a un conxunto de factores entre os que se atopan as correntes mariñas, a propia costa e a cantidade de fluxo de embarcacións que está presente nestas costas dende fai séculos.
Tampouco debemos ignorar, cando pensamos en naufraxios históricos, que antigamente as viaxes por mar se facían seguindo as costas e evitando o mar profundo, cun tipo de navegación denominada cabotaxe. Así, nas zonas nas que ao combinar este tipo de navegación, cos ventos, as correntes e o tipo de costa do norte da Península… non parece difícil xustificar e entender a cantidade de pecios que sabemos que nos rodean.
E como se orixinou o nome concreto de Costa da Morte? Pois polo que din as crónicas, nun único día de 1904 afundiron nesas costas tres embarcacións: un carboeiro inglés (Kenmore), unha draga holandesa (Rosario D2) e unha goleta bergantín (Francisca Rosa). Despois disto nos xornais comezaron a referirse a esta zona de A Coruña con ese nome, reforzado tralo afundimento do cruceiro acoirazado Cardenal Cisneros en Muros.
Ademais, a gran cantidade de naufraxios de embarcacións inglesas e francesas nestas costas no século XIX fixeron que neses países se utilizara cada vez máis ese topónimo, ata alcanzar a fama actual, que é basicamente mundial.
A Pena das Ánimas e os seus naufraxios
A Pedra ou Pena das Ánimas é un conxunto de rochas somerxidas na costa da cidade de A Coruña. Na actualidade está situada a carón do dique de abrigo deste porto, case formando parte da propia estrutura. Cando a marea non está alta pódense ver asomando á superficie.
A localización actual respecto a toda a estrutura do porto de A Coruña fai que hoxe en día a Pena das Ánimas sexa menos perigosa cando as embarcacións se achegan á cidade. Sen embargo, o nome que recibe ven de lonxe, de cando máis de un naufraxio tivo lugar nese punto concreto da costa.
Entre os naufraxios coñecidos debidos á Pena das Ánimas atopamos o do buque Memphis, do que xa escribimos brevemente nun artigo anterior do noso blog, no que falabamos de barcos afundidos en Galicia.
O 26 de febreiro do ano 1879, preto das dúas da mañá, o vapor Memphis achegábase ao porto de A Coruña. Esta embarcación pertencía á liña británica Dominion Line, era un buque mixto de carga e pasaxe con unha ruta regular entre Liverpool e Nueva Orleáns. As súas escalas habituais eran A Coruña, Lisboa e La Habana. Pese a que este recorrido fixérase múltiples veces, esa noite o navío rematou varado sobre a Pena das Ánimas.
Como sempre ocorre nestes casos en que os naufraxios ocorren preto da costa e son vistos a tempo, mobilizáronse as medidas de salvamento, con embarcacións para amarrar e alixeirar a carga da embarcación. Tamén se desembarcou a tódolos pasaxeiros e as súas equipaxes.
A idea era remolcar ao Memphis dende a Pena das Ánimas ate o porto, que como se pode ver nas imaxes non é demasiada distancia. Sen embargo, tras varios intentos infrutuosos, non se puido mover o barco. Provocando, ao final, unha vía de auga e rompeu o temón.
Pese a isto, non se marcou a zona con ningún tipo de sinal. E así foi como, en 1907 volveu ter lugar un naufraxio nesta Pena das Ánimas. Neste caso foi o buque Sirena, un barco de tipo bou, é dicir, utilizado na pesca de arrastre. O barco tiraba das redes en solitario, como contraposición ás embarcacións de arrastre en parella e navegaba baixo bandeira española.
Apenas un ano despois, no 1908, naufragou o buque de vapor Cabo Tortosa, tamén na Pena das Ánimas e nos Baixos de Pedrido. Neste caso parece que o motivo do naufraxio foi unha gran tormenta que azoutou as costas coruñesas.
Estes son os tres naufraxios referenciados directamente na Pena das Ánimas, pero non son os únicos próximos a este punto.
A historia do porto de A Coruña
A orixe do porto de A Coruña vai moi ligado á Torre de Hércules, xa que o seu funcionamento como faro permitiu un maior movemento navieiro e aumentou o desenvolvemento tanto do porto como da cidade.
Houbo moitos puntos importantes no desenvolvemento deste porto, no que agora se atopa localizada a Pena das Ánimas, ao redor da cidade de A Coruña. Entre eles destacan o desenvolvemento comercial, o elevado tráfico marítimo ou o Camiño de Santiago. Así foi como, durante séculos un pequeno asentamento deu lugar a unha poboación grande e relevante.
Pouco a pouco o porto orixinal vai avanzando cara ao interior da badía. E a medida que medra a cidade tamén o fan as fortificacións. Constrúense tres castelos na zona do porto así como construcións militares.
No século XVIII aumenta o comercio internacional, incluíndo América e as Indias. Créanse as escolas de Náutica e Comercio e repárase a Torre de Hércules. No que se refire ao porto de A Coruña, neste século constrúese un muro perimétrico, embarcadoiros e acesos para a actividade portuaria.
A finais do século seguinte constrúese a Dársena para protexer as embarcacións dos temporais. Sen embargo, a primeira construción non foi totalmente satisfactoria, polo que foi desmantelado. O seguinte proxecto consistiu en dividir en tres dársenas a badía, para separar e clasificar as embarcacións en función das súas características. Así foise esbozando a forma do porto que se coñeceu durante a primeira parte de século XX: tres dársenas máis un dique de protección.
Nas últimas décadas fixéronse importantes cambios no porto de A Coruña, entre os que se inclúen as obras en Punta Langosteira, o desenvolvemento do Porto Exterior, un bo e rápido acceso por terra ás instalacións, un dique de abrigo e un porto auxiliares así como un dique de abrigo xa definitivo, tal e como o coñecemos na actualidade. É neste dique onde atopamos a Pena das Ánimas e os Baixos do Pedrido.
Na actualidade
Moitos dos pecios localizados nos fondos das costas galegas son de interese histórico, polo que están protexidos polas autoridades para evitar danos e subtraccións. O elevado número de barcos afundidos nas costas galegas non se debe unicamente ao litoral ou o seu mar, senón tamén ao tipo de navegación de cabotaxe e á gran cantidade de embarcacións que percorrían estas costas durante as guerras. É por isto que localizacións concretas como a Pena das Ánimas cobran unha grande importancia histórica.
É certo que na actualidade atopáronse xa moitos destes navíos e que se protexen sempre que isto é posible. Sen embargo, é necesario un maior esforzo para poder estudiar e protexer todos estes restos, que en moitos casos rememoran a perda de vidas e sinalan tamén momentos históricos de gran interese e relevancia. Así, podemos ver e compartir unha parte da nosa historia, que sae á luz coa investigación, os museos, etc.
Nas nosas viaxes no Galeón Punta Pragueira amosámoste algún destes lugares, nos que sabemos que se localizaron naufraxios históricos. Aportamos desta maneira o noso pequeno gran de area para divulgar os coñecementos dos nosos mares e nosa historia.
Se queres saber máis detalles sobre o desenvolvemento do porto de A Coruña, podes consultar a súa páxina web.