Cantos mexillóns hai nas rías?

Non é doado estimar o número total de mexillóns que hai en Galiza, xa que ademais dos que están nas bateas, existen moitos outros mexillóns “salvaxes” apegados ás rochas da nosa costa.

Como aumentar a biodiversidade das construcións mariñas

A urbanización do litoral, é unha das principais causas de disminución da calidade dos hábitats mariños. Así o recollen moitas asociacións ecoloxistas de Galiza (Verdegaia, ADEGA) da península ibérica (Ecologistas en Acción, Quercus) e de todo o mundo (Greenpeace) e as alteracións que as construccións mariñas causan son case sempre desprezadas polos constructores e polos Estudos de Impacto Ambiental (EIA)

A UDC e o CIMA investigarán os poliquetos comerciais que hai en Galiza

A Universidade da Coruña (UDC) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) organismo dependente da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar veñen de asinar un convenio co fin de investigar "Aspectos básicos da bioloxía de poliquetos explotados nas costas de Galicia. Criterios para a xestión das poboacións explotadas". Este convenio supón un avance cara a mellora da xestión dun recurso en auxe en Galiza, pero sobre todo no coñecemento das 4 especies de miñocas explotadas en Galiza.

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: