Oferta de servizos

Docencia e formación práctica

Se tes curiosidade polo mar e queres aprender a identificar especies mariñas contacta comigo. Velaquí algún exemplo de curso e clases que podo impartir:

  • Curso de identificación de moluscos comerciais
  • Workshop de identificación de crustáceos mariños
  • Taller de identificación de especies mariñas comúns
  • Seminario de identificación de cetáceos
  • Clase de identificación de peixes
  • Curso de ecoloxía e sensibilización ambiental
  • Workshop de consumo responsable e aforro enerxético

Deseño a medida talleres tanto para adultos como para público infantil.

Ponencias en congresos, xornadas e charlas

Despois de máis de 10 anos traballando como biólogo teño moitas anécdotas e moita información para compartir. Como podes ver neste blogue gústame facelo de forma amena e dinámica, polo que se estás a organizar unha charla, xornada, curso, conferencia ou congreso para, por exemplo, un GDR, un GALP, unha fundación, ou unha asociación, contáctame. Xa teño participado e organizado múltiples actividades deste tipo e podo darlle unha perspectiva mariña e ecolóxica.

Informes técnicos

Dende fai uns anos realizo traballos como freelance nos que analizo a comunidade de invertebrados mariños. Os valores obtidos nestes informes son necesarios para poder clasificar o estado ecolóxico dos corpos de auga de transición e costeiros segundo a directiva marco da auga da Unión Europea 2000/60/CE.

Si traballas nunha constructora que vai facer unha obra no mar, nun viveiro ou nunha conserveira que vai comezar a súa actividade, precisarás de asesoramento para a obtención de certificacións ambientais. Todas as obras civiles, así como a implantación de calquera tipo de industria que poida afectar ao medioambiente requiren dunha declaración de impacto e seguimento ambiental.

Se precisas asesoramento na xestión dun ecosistema mariño, ou queres facer algunha consulta ambiental, contacta comigo.

Roteiros interpretativos

Tanto polo litoral como polo interior de Galiza hai moitos puntos de interese natural, cultural e turístico para visitar. En praias e en zonas rochosas podense realizar roteiros interpretativos intermareais, pero hai máis actividades de carácter lúdico tanto por terra como por mar que podo organizar.

Contacta comigo para ver que idea tes e que roteiro precisas. Traballo con axencias minoristas e axencias receptivas, así coma con asociacións de ocio e tempo libre ou empresas turísticas.

Chárter náutico e mostraxes

Dispoño de diversas titulacións que me permiten pilotar barcos de ata 100 TRBs, ata 3 millas de porto (patrón portuario). Igualmente conto co carné de mariñeiro pescador e o PEL (Patrón de Embarcacións de Lecer).

Se eres dono dun barco e precisas movelo de porto, solicita as miñas tarifas. Se pola contra, non dispós de embarcación propia e precisas facer mostraxes no mar para a túa investigación ou por traballo, conto con acordos en diversas empresas en Galiza para o aluguer por horas.

Contacto

Se queres contratarme para algunha destas labores ou precisas máis información sobre o que fago, ponte en contacto comigo mediante o correo-e xandro@marabaixo.gal ou no teléfono +34 660 859 493.

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: