Marabaixo abre a mellor terraza da Coruña para conectar co sabor atlántico

  • 3 minutos de lectura
  • Turismo
3 minutos de lectura

A empresa local de ecoturismo complementa a súa oferta turística coa nova “Ruta Salgada”, unha proposta única e exclusiva na que seis comensais poderán degustar un pequeno menú atlántico a bordo do Galeón Punta Pragueira

A Coruña, 15 de Xuño de 2023

Marabaixo, estrea este mes de xuño unha nova experiencia náutica que ten como obxectivo a búsqueda do sabor atlántico, baixo o nome de “Ruta Salgada”. Durante as 2 horas deste percorrido nun barco tradicional de madeira, o galeón Punta Pragueira, a veciñanza e as persoas visitantes que participen desta actividade poderán descubrir lugares da bahía e, do porto Coruñés, vinculados ao xeito de alimentarnos.

Como explica o director de Marabaixo, Xandro García, “nesta ruta falamos de gastronomía, de mar e de historia local. Por exemplo, a maioría da xente non sabe que a primeira fábrica de conservas de Galiza asentouse na Coruña, ou que unha das maiores factorías do mundo de produtos elaborados de peixe, a desaparecida PEBSA, tivo base no porto coruñés.”

Tras un paseo en veleiro pola baía da Coruña, previa explicación sobre o entorno e a embarcación tradicional galega, dirixida polo biólogo mariño e patrón Xandro García, a excursión remata cunha degustación a bordo de produtos de proximidade relacionados co mar. Este menú atlántico está composto de produtos como conservas de mexillóns e algas, viño da IXP terra de Betanzos, e galletas artesanais, froito da colaboración con empresas como PortoMuiños, Adegas Rilo e Raizame.

Información sobre a Ruta Salgada, experiencia de ocio náutico e gastronomía na Coruña

Esta actividade de ocio náutico realízase de forma regual cada domingo con saída ás 11:30 dende Marina Coruña. A reserva e compra de billetes pode facerse directamente na web marabaixo.gal ou no teléfono/whatsapp 623 39 37 05. Ten un prezo de 300€ cun aforo máximo para 6 persoas.

Máis información sobre a Ruta Salgada: https://marabaixo.gal/ruta-salgada-menu-degustacion-coruna/

Datos de interese sobre as Rutas Marabaixo

Marabaixo é actualmente a única empresa local de ecoturismo náutico con actividade na cidade da Coruña. Máis de 500 persoas, locais e visitantes de entre 4 e 90 anos, difrutaron xa desta experiencia náutica inmersiva que comezou a súa andadura no verán do 2022.

A procedencia destas persoas ao igual que o rango de idade, son moi dispares: dende veciñas da Coruña que teñen curiosidade por coñecer a súa cidade dende outra perspectiva, ate visitantes procedentes de outras partes de Galiza como Lugo ou Camariñas, que aproveitan o seu paso pola cidade para coñecela dende outra óptica. Tamén visitantes doutras partes do Estado Español e de Europa como Pais Vasco, Zamora, Madrid, Cantabria, Países Baixos, Reino Unido ou Francia.

Dende o inicio desta iniciativa capiteanada por Xando García, Marabaixo conta cunha equipa de profesionais relacionados coa bioloxía, educación, divulgación e formación ambiental.

Contacto para prensa: 660859493, xandro@marabaixo.gal

Descarga esta nota en pdf