Deseño a medida talleres tanto para adultos como para público infantil. Se tes curiosidade polo mar e queres aprender a identificar especies mariñas contacta comigo.

Catálogo de cursos

Charlas, xornadas e conferencias

Despois de máis de 10 anos traballando como biólogo teño moitas anécdotas e moita información para compartir. Como podes ver no meu blog gústame facelo de forma amena e dinámica.

Xa teño participado e organizado múltiples actividades deste tipo e podo darlle unha perspectiva mariña e ecolóxica.

Se estás a organizar unha charla, xornada, curso, conferencia ou congreso para un GDR, un GALP, unha fundación ou unha asociación, contáctame.