Novas relevantes e curiosas sobre investigación mariña en Galiza
As esponxas son un artigo de luxo pero tamén un recurso mariño en extinción. Aínda que parece unha opción ecolóxica e sen fibras sintéticas para enxabonarte na túa bañeira, é preferible que empregues fibras vexetais e non un animal mariño.
Un estudo realizado durante o confinamento da Covid-19, detectou menor incidencia en síntomas de ansiedade e/ou depresión nas persoas con contacto coa natureza. Este estudo realizouse mediante enquisas online en distintos países durante o confinamento. Nos resultados destacase os beneficios do contacto coa natureza para a nosa saúde.
Unha tese presentada na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC, propón o uso da cuncha de mexillón como árido para construción. O traballo da investigadora Carolina Martínez, que forma parte do grupo gCONS, analiza o comportamento deste novo material. Galiza é un dos principais produtores de mexillón do mundo e xéranse 25.000 t de cunchas ao ano como subproduto da industria conserveira.
Por que a este polbo se lle deu por esa tolería? Neste vídeo de 20 segundos podes ver a un pequeno polbo cun comportamento pouco usual. Unha publicación de investigadores do IIM-CSIC de Vigo e o IEO de Baleares na revista Marine Biodiversity, describe por primeira vez este comportamento.
As esponxas (poríferos en latín) son seres mariños que levan sendo empregados durante milenios polos humanos. Son os animais pluricelulares máis sinxelos pero encerran unha estrutura complexa.
Non fai falta ser biólogo para coñecer a biodiversidade que nos rodean, moito menos hoxe que temos unha gran cantidade de información (literalmente) na palma da nosa man. Ti tamén podes aprender a coñecer a biodiversidade con estas 3 aplicacións.
As candorcas (Orcinus orca) son sen dúbida os cetáceos máis mediáticos. Teñen protagonizado filmes e son domesticadas para converterse na principal atracción dos acuarios, a tradución literal do seu nome en inglés (balea asasina) produce titulares con maior impacto, e xenera atracción nos lectores de prensa. O avistamento dunha manda destes animais nas costas galegas foi o acontecemento máis medíatico deste verán, polo excepcional do feito e pola interacción que estes animais tiveron con varios barcos.
Científic@s do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, do Institut National Agronomique de Túnez e do Gulf Fisheries Centre de Canada, veñen de publicar un artigo onde se describen os efectos fisiolóxicos que a acidificación mariña ten para os mexillóns.
No mar as cousas son un pouco diferentes, e a escena que se pode ver baixo a auga das rías galegas estes días non é comparable coa da Ribeira Sacra ou o Courel. Non é porque a inmersión no outono mariño, non transmita emocións, senón porque as sensacións no mar percíbense doutro xeito. Outomar é o que está a acontecer agora na nosa costa.
No día de onte asistín á presentación dos resultados preliminares do proxecto TurGaSur da CEMMA. Non menos importante foi a presentación dun manual de boas prácticas de navegación.
Non é unha señora con gadaña nin un esqueleto descarnado, pero provoca mortes agónicas e dolorosas nos seres mariños. Debrías coñecer as terribles mortes que causa o plásticos para tomar medidas e buscar alternativas.