Estamos no medio da sexta extinción masiva
Cando Greta Thunberg falou no Parlamento Europeo para contar entre bágoas que "estamos no medio da sexta extinción masiva, e o ritmo de extinción é 10.000 veces máis rápido do normal" non estaba a facer conxecturas. É unha afirmación baseada no coñecemento científico, e nos diversos estudos que existen sobre o tema.