Percebes e centolas máis baratos este Nadal

4 minutos de lectura

É habitual que neste mes de decembro os prezos de moitos produtos pesqueiros se disparen pola elevada demanda. Non só acontece con mariscos senón tamén con peixes de “alta gama” como robalos, linguados, sargos, etc. Neste ano 2020, as incertezas pola Covid-19 e a baixada da demanda polo peche dos restaurantes, parecían indicar unha baixada dos prezos do marisco pero non está a ser así. Un pequeno respiro para as persoas que traballan e viven do mar e que están a sufrir duramente a crise económica.

IMG 20200818 152925
As ameixas son un plato típico de Nadal.

Moitas empresas e particulares compran e conxelan marisco e peixe en novembro, antes de que os prezos suban polas festas do nadal. Este ano, o arranque da tempada en novembro foi malo, con pouca demanda e dificultades para a venda debido a surtos de Covid nalgunha lonxa. Algunhas confrarías incluso tiveron que desfacerse dalgún marisco que non conseguiron vender. Pero en decembro a demanda aumentou, principalmente pola venda online directa ao comprador final, como apuntan dende a federación de confrarías.

Centolas e ameixas non teñen a mesma demanda

Os prezos varían dunha lonxa a outra polo sistema de poxas que se usa para vender. A demanda de cada produto varía, e a pesar da pandemia algún como a ameixa continúa a ter saída no mercado a pesar do peche da hostalería. Sen embargo, noutros mariscos como a centola a demanda variou ao longo destes últimos meses. A centola, a raíña das ceas de Nadal está en veda dende o verán até o mes de novembro, polo que o arranque da tempada sirve de termómetro para o sector. O arranque non foi bo, con cotizacións 5-10€ inferiores ás do ano pasado e o prezo máximo chegou a ser un 50% menor nalgunhas lonxas, como na de Ribeira (47€ en novembro de 2019, 22€ en 2020). Pero en decembro aumentou a demanda e subiron os prezos. A día de hoxe, 19 de decembro, en Ribeira o prezo medio da centola está entorno aos 10€ (3€ máis que o mes pasado). Podes comprobar o prezo de venda nas lonxas aquí.

Gráfico evolución prezos da centola Ribeira 2019 2020
Grafico da evolución dos prezos da centola en Ribeira no 2019 e 2020

Con algunhas excepcións, as vendas nos produtos caros descenderon máis que nos baratos, e en xeral podemos dicir que o sector está a facturar menos que o ano pasado. Por exemplo, no que vai de decembro os prezos subiron 3€/kg de media en practicamente todos os produtos pesqueiros. Por exemplo, o percebe esta 10€ máis caro que en novembro, a ameixa babosa 8€, a centola case 3€ e a nécora 6€. Con respecto ao ano pasado, sorprendentemente a ameixa babosa encareceuse case 3€. O percebe e a centola están 5,5€ e 3,5€ máis baratos con respecto ao 2019 e a nécora está máis ou menos ao mesmo prezo. 

Un Nadal clave para o sector

Ao menor beneficio da campaña de Nadal, hai que sumarlle os prexuízos que o sector pesqueiro ven sufrindo dende marzo. É un sector básico que non foi obrigado a parar pola Covid-19, pero o cerre total dende marzo e as restricións á mobilidade tamén reduciron os seus ingresos, como na maioría dos sectores. Todos estes factores levaron a algunha confraría a reducir a súas capturas, ou incluso a cesar a súa actividade.

Mariscadoras en Mugardos
Mariscadoras en Mugardos

Tamén o descoñecemento sobre cales serán as restricións que estarán vixentes durante as festas de Nadal enche de incerteza o sector. Queda menos dunha semana para o Nadal e aínda non se sabe cales serán exactamente as restricións nas festas, nin como evolucionarán ao largo das festas. A xente que vive do mar reclama que se aclare canto antes cales serán estas restricións para poder planificar a tempada.

En resume, nestas estrañas festas están a mudar os noso hábitos de consumo de produtos pesqueiros, e isto está a condicionar os prezos do marisco. Aínda que en novembro todo apuntaba que os prezos nas festas de Nadal ían a estar tirados polo chan, non parece que vaia ser así. Isto dálle un pequeno respiro ao sector pesqueiro que ven sufrindo duramente a crise económica.


Se non queres que che den “gato por lebre” coas zamburiñas, mira este video, ou le este artigo.


Máis información