Aínda que estes días está a ter bastante relevancia nos medios de comunicación “el fraude del atún rojo”, os timos na venda de alimentos, non son nada novo, nin nos procedentes da pesca, da agricultura ou da industria. Quizais un dos máis coñecidos nestes últimos anos sexa o da comercialización de carne de cabalo como de tenreira, pero houbo moitos e de consecuencias moito máis graves, como a do aceite industrial de colza introducido no mercado alimentario (1981) .
Nestes días, hai informacións que dan a coñecer adulteracións da carne do atún con inxeccións de remolacha, para modificar o seu aspecto. Segundo estes artigos xornalísticos, os atúns foron conxelados incorrectamente e posteriormente desconxelados o que provoca que a carne conteña elevados niveis de histaminas, cuxa intoxicación recibe o nome de escombriosis, e produce urticarias, vómitos e diarreas.
Índice de contenidos
Carne de alto valor engadido
O atún vermello é unha especie protexida, que a IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) inclúe na súa lista vermella como en perigo de extinción, a mesma categoría na que está o lince ibérico. O “atún rojo” está nesta categoría, porque se estima que esta especie diminuíu un 51% nas últimas tres xeracións (39 anos). Son os túnidos de maior tamaño, podendo atinxir ate 4m de lonxitude e os 700kg (excepcionalmente 900kg) o que fai que a súa pesca teña un gran valor engadido, xa que cunha soa captura se extrae do mar moita cantidade de carne.
Para evitar fraudes e conservar os stocks das especies de túnidos atlánticos a ICCAT (siglas en inglés da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico) fai un seguimento dos datos científicos existentes e recomenda os mellores xeitos de xestión deste recurso pesqueiro. Quizais o logro máis importante do ICCAT foi a creación dun rexistro internacional para cada peixe. O número de rexistro permite o seguimento de cada animal pescado, e asegura a trazabilidade de cada un destes animais, ate ao final da cadea de consumo.
Segundo unha investigación realizada no Centro de Estudios Avanzados de Blanes (CEAB) no 2015, en moitos casos a trazabilidade rómpese antes de chegar ao consumidor final, dando lugar a enganos e timos. As medidas de control internacionais aínda non son todo o efectivas que deberan, e segue a existir un “mercado negro” de carne de atún vermello. Hai estimacións nas que situaban este mercado negro en 4.000 millóns € no 2010, aínda que é difícil de cuantificar.
Hai máis peixes no atlántico que o atún vermello.
Nas costas atlánticas viven máis especies de atúns que o Thunnus thynnus (Linnaeus, 1758), e non é fácil diferenciar un filete de “atún rojo” dun de albacora, ou de patudo. O xeito de comercialización “ao corte” propicia a existencia de timos pois así os consumidores dispoñemos de menos información á hora de comprar.
Se observamos o peixe enteiro é doado atopar diferencias coas outras especies, pero unha vez que é destripado, pelado e cortado en filetes son difíciles de diferenciar. É certo que a intensa cor vermella da súa carne (que lle da nome) é moi diferente ao ton rosa pálido do bonito do norte, pero esta diferencia non é tan clara co patudo ou co albacora que tamén teñen carne de cor vermella. Tamén teñen sabores diferentes as distintas especies de atúns: o bonito listado ten un sabor máis forte, o bonito do norte ten un sabor máis fino e delicado, pero é preciso ter experiencia e un bo padal para conseguir diferencialos só por esta característica.
Opinión: debémos reflexionar sobre o que comemos
O atún vermello converteuse nunha “marca” pola cada vez maior aceptación que ten o sushi en todo o mundo. Esta especie é a predilecta para a elaboración de sushi de atún, e en Xapón xenera unha auténtica loucura polo seu consumo, chegando a pagar miles de euros por unha soa peza.
Pois si, comer “atún rojo” podería ser comparable a comer lince ibérico, aínda que é unha comparación ben esaxerada non vai moi desencamiñada. O certo é que debéramos reflexionar sobre a sustentabilidade de pescar animais que tardan entre 5 ou 12 anos -dependendo d@ autor/a do estudo- en acadar a madurez, e que poden vivir máis de 20 anos.
Bibliografía
Abuín, E. 18/09/2016. Los 18 disfraces que le ponen al panga. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/09/18/18-disfraces-ponen-panga/0003_201609G18P37991.htm consultado o 05/10/2017.
IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) https://www.iucn.org/es consultado o 05/10/2017 consultado o 05/10/2017.
Lísta vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) http://www.iucnredlist.org consultado o 05/10/2017.
Ficha do atún vermello na FAO. http://www.fao.org/fishery/species/3296/en consultado o 05/10/2017.
Domínguez, Nuño. 27/09/2017. Europa alerta de un fraude con atún adulterado en España tras cientos de intoxicaciones. https://elpais.com/elpais/2017/09/25/ciencia/1506362871_011819.html consultado o 05/10/2017.
RTVE.es. 27/10/2015. El 40% del atún rojo que se comercializa es un fraude, según un estudio científico. http://www.rtve.es/noticias/20151027/40-del-atun-rojo-se-comercializa-fraude-segun-estudio-cientifico/1243228.shtml consultado o 05/10/2017.
Bonilla, Mer. 26/04/2017. El fraude del atún rojo y otros pescados con los que también nos dan el cambiazo. http://cocinillas.elespanol.com/2017/04/fraude-del-atun-rojo/ consultado o 05/10/2017.
Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico https://www.iccat.int/es consultado o 28/09/2017.
Ficha do “atún rojo” en iccat.int. https://www.iccat.int/Documents/SCRS/Manual/CH2/2_1_5_BFT_SPA.pdf consultado o 05/10/2017.
Redacción EFE Tokio. 05/01/2017. Vendido un atún rojo por más de 600.000 euros en Japón http://www.lavanguardia.com/economia/20170105/413119190455/japon-atun-rojo-subasta-ano-nuevo-kimura.html consultado o 05/10/2017.
Palmero, M. 08/09/2016. El fraude en el pescado crece a un ritmo vertiginoso: así te timan los supermercados https://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2016-09-08/el-fraude-en-el-pescado-crece-a-un-ritmo-vertiginoso-asi-te-timan-los-supermercados_1256563/ consultado o 05/10/2017.
Planelles, Manuel. 16/07/2017. Detenidos 65 empresarios, veterinarios y funcionarios por la venta ilegal de carne de caballo en Europa https://politica.elpais.com/politica/2017/07/16/actualidad/1500199683_052023.html consultado o 05/10/2017.
wwwf.es. 08/11/2010. Una investigación periodística revela la magnitud del mercado negro de atún rojo denunciado por WWF http://www.wwf.es/?16880/Una-investigacin-periodstica-revela-la-magnitud–del-mercado-negro-de-atn-rojo-denunciado-por-WWF consultado o 05/10/2017.
Lantigua, Isabel F. 15/05/2017. El fraude nacional de la falsa carne de vacuno que se fabricaba en Burgos. http://www.elmundo.es/sociedad/2017/05/15/59197eace2704ec33f8b45d1.html