Novas relevantes sobre turismo e mar.
A ferramenta básica de Marabaixo é o noso barco, o Galeón Punta Pragueira. Como xa contamos brevemente en entradas anteriores, este navío é unha embarcación tradicional, propia das rías galegas, empregada noutros tempos para mover mercadorías e que na actualidade utilizamos para viaxes turísticas e divulgativas. E como todas as embarcacións precisa dun mantemento básico.
Son milleiros os barcos afundidos en Galicia. Os fortes ventos mareiros, as correntes mariñas, pero sobre todo a irregular costa e os baixos fondos do noso litoral explican os 8.000 naufraxios que viviron na nosa beiramar. As vilas mariñeiras e as cidades costeiras viviron grandes naufraxios, coma Memphis na Pedra…
Embarcacións tradicionais galegas A costa galega ten unha grande riqueza paisaxística, biolóxica e económica. Por esta razón, dende hai séculos, os mariñeiros utilizaron as embarcacións tradicionais galegas para traballos de pesca, marisqueo ou transporte de mercadorías. As nosas rías foron navegadas por diferentes embarcacións que forman parte do patrimonio marítimo…
Castelos na Coruña A posición estratéxica da capital do Reino de Galicia durante séculos explica a construción de tres castelos na baía da Coruña para defendela urbe dos ataques das armadas estranxeiras. Non foi até a Idade Moderna cando se construíron os Castelos de San Antón, Santa Cruz e San…
Pescaturismo ven de ser galardoada no ano 2018 polo goberno balear como "la mejor experiencia turística", e co premio "Turismo Sostenible de Fitur". Estes dous galardóns recoñecen o caracter innovador e sostible desta iniciativa, que comezou a súa actividade no 2015. Esta start-up tecnolóxica embarcou no 2018 a máis de 800 persoas nas Illas de Mallorca e Menorca. En total foron case 300 excursións en barcos pesqueiros profesionais que se saldaron sen ningún incidente.