Que relación temos co medio que nos rodea? Como estamos a aproveitar os recursos naturais máis escasos? Nestes artigos falo de preservar, manter ou mellorar a calidade dos recursos naturais dunha forma equilibrada e dende un punto de vista social.

Estamos no medio da sexta extinción masiva

Cando Greta Thunberg falou no Parlamento Europeo para contar entre bágoas que "estamos no medio da sexta extinción masiva, e o ritmo de extinción é 10.000 veces máis rápido do normal" non estaba a facer conxecturas. É unha afirmación baseada no coñecemento científico, e nos diversos estudos que existen sobre o tema.

Seguir lendo Estamos no medio da sexta extinción masiva

Empeza ben o ano: 7 consellos para o consumo responsable de peixe

Considéreste ou non ecoloxista, respetar o planeta é unha obriga que ten toda a humanidade. Do mesmo xeito que coidamos a casa na que vivimos, aínda que non sexa nosa, e que procuramos non causar desperfectos nos lugares comúns do noso edificio ou de fora del, tamén debéramos pensar na casa común de todas: o planeta Terra. Velaquí van uns consello para o consumo responsable de produtos do mar.

Seguir lendo Empeza ben o ano: 7 consellos para o consumo responsable de peixe

Premios turísticos a un proxecto pesqueiro

Pescaturismo ven de ser galardoada no ano 2018 polo goberno balear como "la mejor experiencia turística", e co premio "Turismo Sostenible de Fitur". Estes dous galardóns recoñecen o caracter innovador e sostible desta iniciativa, que comezou a súa actividade no 2015. Esta start-up tecnolóxica embarcou no 2018 a máis de 800 persoas nas Illas de Mallorca e Menorca. En total foron case 300 excursións en barcos pesqueiros profesionais que se saldaron sen ningún incidente.

Seguir lendo Premios turísticos a un proxecto pesqueiro

Fin do contido

Non hai máis páxinas que cargar