Índice de contenidos
Castelos na Coruña
A posición estratéxica da capital do Reino de Galicia durante séculos explica a construción de tres castelos na baía da Coruña para defendela urbe dos ataques das armadas estranxeiras.
Non foi até a Idade Moderna cando se construíron os Castelos de San Antón, Santa Cruz e San Diego, co obxectivo de fortalecer a cidade, que xa contaba naquela altura cunha muralla. A súa efectividade ficou demostrada nos sucesivos ataques dos ingleses, franceses e holandeses.
No século XVI e XVII estes tres castelos consolidaron fortificación da baía da Coruña, dos que aínda se conservando dous en pé: o de San Antón na propia cidade e o de Santa Cruz, en Liáns, Oleiros.
Se queres velos fortes desde outra perspectiva, a uns poucos centímetros de altura sobre as ondas, podes contactar con Mar Abaixo: vente connosco coñecer os Castelos da Coruña dende o mar!
Castelo de San Antón
Nunha antiga e pequena illa, hoxe anexionada ao paseo marítimo da cidade da Coruña, construíuse sobre a ermida dedicada ao San Antón o Castelo homónimo. Como non podía ser doutro xeito, cando se proxectou a construción desta fortaleza o propósito era defender a cidade dos ataques dende o mar.
Historia do Castelo de San Antón
No século XVI as autoridades do Reino valoraron a Illa da Pena Grande como un punto estratéxico para reforzar a defensa da cidade. Por esta razón, dende 1528, os gobernantes autorizaron a construción dun forte militar nalgún punto da Coruña.
Segundo a inscrición da entrada da fortaleza, o castelo de San Antón comezouse a construír no ano 1587.
O Castelo de San Antón coas obras iniciadas, pero aínda inacabado, foi crucial para a defensa da Coruña durante os ataques de Francis Drake de 1589. A Invencible Inglesa non foi quen te tomar a cidade vella grazas ás murallas de San Antón, pero a flota anglosaxoa conseguiu desembarcar en Santa María de Oza con 8.000 soldados.
A ausencia de defensas noutras puntas de baía permitiu ás naves estranxeiras desembarcar na localidade veciña e derivou enfrontamos coa poboación civil da Coruña, que conseguiu unha histórica vitoria sobre os corsarios grazas á heroína María Pita.
Este episodio bélico causou milleiros de mortos e motivou a construción doutros dous castelos.
O Castelo de San Antón pódese visitar
Os tempos mudaron e as funcións do castelo de San Antón tamén. Desde 1968 a antiga fortaleza é o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, xa que foi cedido ao concello, que o empregou para conservar en mellores condicións o patrimonio do pobo coruñés. Neste museo atópanse pezas dende a prehistoria até a historia máis moderna da cidade.
Pódense visitar as antigas dependencias da fortaleza mentres se contempla a arquitectura do Castelo de San Antón e as exposicións, que se dividen en tres seccións:
- Arte medieval e heráldica
- Arqueoloxía
- Historia do edificio e da cidade
Castelo de San Diego
O hoxe desaparecido Castelo de San Diego contemplou o Golfo Ártabro durante máis de 300 anos, até que foi demolido nunha ampliación do porto da Coruña. Nos seus primeiros tempos foi un forte crucial na defensa da cidade.
Historia do Castelo de San Diego
Despois do ataque do corsario inglés Sir Francis Drake á cidade valorouse preciso reforzar o sistema defensivo da baía. Lembremos que os británicos chegaron a terra firme en Oza, polo que entre 1606 e 1636 se construíu o Castelo de San Diego nesta mesma parroquia. A fortaleza contaba con dúas plataformas de artillería, dependencias, gardas, almacén, capela, polvoreira e cuartel.
No século XVII, entre os castelos de San Antón e San Diego, estendíase unha cadea que broqueaba o acceso ao porto da Coruña ás armadas inimigas
30 canóns defendían esta construción poligonal de San Diego durante o ataque conxunto dos galos e holandeses sobre A Coruña en 1639. Esta artillería evitou a toma da cidade polo almirante francés Sourdis.
Porén, co paso dos séculos o Castelo de San Diego perdeu a súa utilidade defensiva, polo que foi derruído en 1963 nunha ampliación do porto da Coruña, co obxectivo de construír un peirao petroleiro.
Castelo de Santa Cruz
Na parroquia de Santaia podemos contemplar o maxestoso Castelo de Santa Cruz, que se atopa aberto ao público. Hoxe en día este Ben de Interese Cultural está conectado ao porto da vila a través dunha pasarela, pero isto non foi sempre así, nin moito menos.
Historia do Castelo de Santa Cruz
Para completar o sistema defensivo da Coruña construíuse no século XVI esta estratéxica fortaleza. O ataque inglés de 1589 causou que o Xeneral Diego das Mariñas comezase a construír un novo forte na illa de Santa Cruz.
As obras comezaron na última década do século XVI e prolongáronse até 1640. Neste ano o Castelo de San Cruz xa contaba con baterías de artillería, na que destacaba o canón “Barraco”.
Coa fortaleza militar de Santa Cruz finalizouse o sistema defensivo dos tres castelos da Coruña
A normalización no uso dos galeóns e embarcacións de maior tamaño nas armadas causou que o Castelo de Santa Cruz perdese a súa utilidade defensiva. Non obstante, no século XIX a illa sae a poxa pública. O comprador foi Xosé Quiroga, marido de Emilia Pardo Bazán.
Entón, unha vez perdida a súa eficacia defensiva debido aos avances tecnolóxicos da industria bélica no século XIX, o Castelo de Santa Cruz converteuse na residencia da filla dunha das escritoras máis importantes do noso país.
Blanca Quiroga, a filla de Emilia e Xosé, realizou unha doazón á Armada de Cabalería a finais dos anos 1930 para que os nenos orfos da Guerra Civil puidesen veranear no Castelo de Santa Cruz.
Até os anos oitenta milleiros de nenos orfos do Exército pasaban o verán en Santa Cruz, cando a illa volveu ficar abandonada polas autoridades militares.
Debido ao seu interese e valor patrimonial o concello de Oleiros mercou a illa e o Castelo de Santa Cruz no ano 1989, recuperando para a veciñanza un espazo de lecer único, que hoxe en día está aberto ao público grazas a colaboración entre o municipio oleirense, a Xunta de Galicia e a Universidade de Coruña.
Se queres velo Castelo de Santa Cruz e de San Antón dende as ondas navegando por esta fermosa baía coruñesa, que alberga tanta historia e beleza, só tes que contactar con Mar Abaixo:
Desfruta doutra perspectiva dos Castelos da Coruña dende o mar!