Un polbo andando sobre dúas patas

  • Tempo de lectura:4 minutos de lectura

Por que a este polbo se lle deu por esa tolería? Neste vídeo de 20 segundos podes ver a un pequeno polbo cun comportamento pouco usual. Unha publicación de investigadores do IIM-CSIC de Vigo e o IEO de Baleares na revista Marine Biodiversity, describe por primeira vez este comportamento.

Continuar lendoUn polbo andando sobre dúas patas

O verán das candorcas en Galiza

  • Tempo de lectura:11 minutos de lectura

As candorcas (Orcinus orca) son sen dúbida os cetáceos máis mediáticos. Teñen protagonizado filmes e son domesticadas para converterse na principal atracción dos acuarios, a tradución literal do seu nome en inglés (balea asasina) produce titulares con maior impacto, e xenera atracción nos lectores de prensa. O avistamento dunha manda destes animais nas costas galegas foi o acontecemento máis medíatico deste verán, polo excepcional do feito e pola interacción que estes animais tiveron con varios barcos.

Continuar lendoO verán das candorcas en Galiza

OutoMar: Outono no mar

  • Tempo de lectura:6 minutos de lectura

No mar as cousas son un pouco diferentes, e a escena que se pode ver baixo a auga das rías galegas estes días non é comparable coa da Ribeira Sacra ou o Courel. Non é porque a inmersión no outono mariño, non transmita emocións, senón porque as sensacións no mar percíbense doutro xeito. Outomar é o que está a acontecer agora na nosa costa.

Continuar lendoOutoMar: Outono no mar

Enxames de patexos nadando

  • Tempo de lectura:2 minutos de lectura

Os patexos, tamén chamados patelos ou cangrexos patudos, están a chegar estes días á costa. Non acontece moi acotío, pero as veces entran nas rías procedentes da plataforma continental. Viaxan como un enxame nadando todos xuntos, polo que cando chegan á costa vense multitude deles.

Continuar lendoEnxames de patexos nadando

Porque varan tantos mamíferos mariños en Galiza?

  • Tempo de lectura:6 minutos de lectura

O pasado ano 2018 foi o de maior número de varamentos de mamíferos mariños en Galiza dende que a CEMMA ten rexistros (sobre 350), e nos 2 primeiros meses de 2019 vararon xa máis de 110 animais. A media anual de varamentos é de 280. Se antes o máximo de varamento no ano acontecia sobre Marzo-Abril e existía un descenso en Xuño-Setembro, agora o máximo estase a dar en Xaneiro-Febreiro e prácticamente non existe un descenso no número de varamentos ao longo do ano.

Continuar lendoPorque varan tantos mamíferos mariños en Galiza?