6 pistas para descubrir a biodiversidade das praias
Este verán cando vaias á praia non só te tires a tomar o sol na toalla, mira ao teu redor e fíxate: estás nun ecosistema vivo. Entre a area, nas pedras, na auga, ... as praias son un entorno cheo de seres vivos. Por atoparse entre o ambiente terrestre e o mariño nas praias existe un gradiente de condicións que propician que teñan unha grande biodiversidade. Buscar pistas da existencia desta biodiversidade pode ser unha maneira divertida de entreterse en vez de só tirarse na toalla. Tamén é unha forma divertida de ensinarlle aos nosos fillos e fillas cousas que nunca viron.