Índice de contenidos
- 0.1 Son milleiros os barcos afundidos en Galicia. Os fortes ventos mareiros, as correntes mariñas, pero sobre todo a irregular costa e os baixos fondos do noso litoral explican os 8.000 naufraxios que viviron na nosa beiramar.
- 0.2 Memphis, un buque de vapor con moita historia
- 1 Os barcos afundidos na Pedra das Ánimas
- 2 Os barcos afundidos no Baixo do Pedrido
- 3 Os barcos afundidos nas Xacentes
Son milleiros os barcos afundidos en Galicia. Os fortes ventos mareiros, as correntes mariñas, pero sobre todo a irregular costa e os baixos fondos do noso litoral explican os 8.000 naufraxios que viviron na nosa beiramar.
As vilas mariñeiras e as cidades costeiras viviron grandes naufraxios, coma Memphis na Pedra das Ánimas, topónimo que nada ten que envexar a nosa famosa Costa da Morte, ou o Urkiola na Coruña.
Se queres coñecer os barcos afundidos na Coruña, o cemiterio de barcos de España, continua lendo este artigo. Comezamos unha apaixonante viaxe pola historia dos naufraxios máis do noso país.
Tamén tes a oportunidade de visitar todos estes lugares marcados pola traxedia nunha embarcación tradicional galega: o galeón Punta Pragueira. Contacta con Mar Abaixo para ver A Coruña dende o mar!
Memphis, un buque de vapor con moita historia
No século XIX A Coruña era unha zona de escala moi frecuente para os barcos que facían viaxes transoceánicos desde a vella Europa até As Américas. Os grandes procesos migratorios da época e a industrialización das cidades explican esta regularidade nas rutas marítimas.
Un destes percorridos era a que realizaba o famoso buque a vapor Memphis, un barco británico que viaxaba desde Liverpool até Nova Orleáns, con escalas na Coruña, Lisboa e A Habana.
O 26 de febreiro de 1879 foi unha noite negra na historia de Galicia. O vapor inglés entraba outra vez no porto da Coruña. Era un buque de carga e transporte de pasaxeiros. O capitán realizaba esta ruta de forma frecuente e regular. Porén, esta madrugada o barco varou sobre as perigosas Pedras das Ánimas.
Non obstante, conseguiuse desembarcar a todos os pasaxeiros e as súas equipaxes grazas a utilización de embarcacións menores. As manobras para salvar o buque fracasaron, a pesar da contratación dun buque de vapor polo porto foron un fracaso. Despois de meses de traballo, nos que destacou desde marzo o vapor británico Recovery, conseguiuse reflotar e remolcar até terra o día 22 de abril, pero o buque nunca puido volver navegar.
Os barcos afundidos na Pedra das Ánimas
Un punto maldito da xeografía galega é a famosa Pedra das Ánimas, que axudou a engrosar a lista dos nomes de barcos afundidos na Coruña.
A coñecida como Pedra ou Pena das Ánimas está na antiga capital de Galicia, A Coruña
Como non podía ser doutro xeito, o topónimo non presaxia nada bo, polo que non foron poucas as veces que as autoridades intentaron apagar ou ocultar esta denominación, pero foi tan popular entre as xentes do mar que chegou até os nosos días. Ademais do xa nomeado Memphis, foron outros os barcos que naufragaron neste acceso ao porto da Coruña.
O buque Sirena
A Coruña foi o lugar de naufraxio do Sirena, un buque de tipo bou e de nacionalidade española no ano 1907.
O buque de vapor Cabo Tortosa
So un ano despois, no 1908, no lugar da Pena das Ánimas tamén se afundiu este buque de vapor español.
Os barcos afundidos no Baixo do Pedrido
Nas proximidades do Campo da Estrada, A Coruña, localízase outro sitio de pouca fortuna para as xentes do mar. Ao longo do século XX foron moitos os naufraxios nestes baixos.
Buque Unión Número
No ano 1908, un mal ano para cidade herculina, afundiuse o buque de tipo bou Unión Número. Neste accidente morreron 11 tripulantes, quedando un único supervivente ao naufragar o barco con matrícula da Coruña.
Buque Adela Roca
No lugar dos Baixos do Pedrido tamén se afundiu o buque de vapor mercante Adela Roca no ano 1911. Navegaba con matrícula de Barcelona e transportaba 1261 tripulantes, resultado un falecido no accidente. As dimensións do buque eran 73 metros de eslora, 9,5 metros de manga e 6 de puntal.
Buque Segundo Weyler
Este buque de vapor pesqueiro de 80 toneladas procedía de Vigo cando colisionou no Pedrido no ano 1942.
O vapor de pesca Urbano
Só tres anos máis tarde, no 1945, afundiuse outro vapor de pesca, pero de 45 toneladas. Con base na Coruña e propiedade da empresa Arbupes, accidentouse contra o Baixo do Pedrido.
Buque pesqueiro Bocelo
Mellor sorte correu o Bocelo no ano 1961, pois este buque pesqueiro de nacionalidade española e construído en aceiro foi reflotado.
Os barcos afundidos nas Xacentes
Outro dos bancos submarinos máis pedregosos da entrada da ría da Coruña é o coñecido co nome das Xacentes. Debido ao risco que supoñen para as embarcacións están sinalizadas nas cartas náuticas, xa que en máis dunha ocasión causaron o naufraxio de diferentes naves, entre as que destaca o petroleiro Urkiola que causou unha marea negra na Costa Ártabra.
O petroleiro Urkiola
No ano de 1976 a cidade da Coruña sufriu un dos seus naufraxios máis soados, o do petroleiro Urkiola. Botado so 3 anos antes nos estaleiros de Sestao, Biskaia, este grande barco realizara 16 entradas para cargar petróleo na Coruña antes do accidente.
O buque sufriu un accidente na entrada da rúa do Burgo, ficando encallado contra unha agulla rochosa, que estaba mal sinalizada. O capitán Castelo pediu a entrada do porto despois do accidente. Porén, a Comandancia de Mariña intentou remolcar o barco até alta mar.
Nestas manobras o Urkiola sufriu máis danos nas Xacentes, o que causou un incendio no barco e unha explosión ao entrar en contacto o lume coa carga de 100.000 toneladas de petróleo.
Está considerada unha das peores catástrofes ecolóxicos da historia de España
O desastre foi tal que o capitán Castelo morreu intoxicado, xa que quixo ficar ao bordo do barco até as últimas consecuencias. Ademais, toda esta carga de cru tinguiu de negro as costas da Coruña e as rías do Burgo, Betanzos, Ferrol e Betanzos.
O desastre foi xigantesco para os mariñeiros e pescadores da zona, que foi valorado en 7.000 millóns de pesetas en indemnizacións para os afectados pola catástrofe.
O pesqueiro Meloxeira
Xa no século XXI, máis concretamente o 13 de abril do ano 2002, no lugar das Xacente afundiuse o pesqueiro coruñés Meloxeira mentres andaban ao polbo. Por desgraza, foron 4 os mariñeiros que faleceron nesta funesta xornada de traballo.
O pequeno pesqueiro da parroquia de Lorbé, Oleiros, tiña 9 metros de eslora. Esta fatídica tarde rematou a 20 metros de profundidade na entrada da ría da Coruña en vez de regresar ao porto da localidade oleirense.
Se queres coñecer mellor esta apaixonante historia oculta da cidade da Coruña e da navegación en Galicia podes contactar con Mar Abaixo para realizar unha ruta pola baía da Coruña: ¡estamos agardándote!