A Pena das Ánimas no porto de A Coruña

Pegado e case formando parte do que hoxe é un dos portos máis importantes de Galicia atópase a Pena das Ánimas. Unha rocha coñecida en A Coruña por ser a causa de máis de un naufraxio, como o do buque Memphis en 1879. Co paso do tempo e os cambios producidos na infraestrutura do porto de A Coruña esta Pedra das Ánimas perdeu perigosidade, pero non interese.

Continuar lendoA Pena das Ánimas no porto de A Coruña

As conservas de pescado en Galicia: historia e actualidade

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

A necesidade humana de manter os alimentos durante períodos relativamente longos de tempos ven xa de antigo, antes incluso do que chamamos historia. Así, co tempo fomos desenvolvendo técnicas relativamente coñecidas e mantidas na actualidade como a salgadura, os encurtidos ou o uso de graxas como illantes. O método máis utilizado na actualidade son as conservas, entre as que destacan as conservas de pescado e marisco.

Continuar lendoAs conservas de pescado en Galicia: historia e actualidade

Faros de Galicia: os oito faros do Golfo Ártabro

  • Comentarios da entrada:2 comentarios

Ao norte da provincia de A Coruña, no zona media do seu litoral, sitúase a chamada Costa Ártabra. Entre as vilas, paisaxes, praias e recunchos desta área atopamos unha serie de cabos que enmarcan catro rías. En cada unha desas puntas destaca a construción do faro, a figura que protexe aos navegantes fronte a forza do mar e os bruscos cantís.

Continuar lendoFaros de Galicia: os oito faros do Golfo Ártabro

As mulleres e o mar: as mulleres mariñeiras si existen.

  • Comentarios da entrada:1 comentario

Imos facer unha viaxe pola figura da muller no mar, das mulleres mariñeiras. Remarcando, nas distintas perspectivas do mar e as labores que se poden realizar nel, como cambiou o papel das mulleres para a sociedade, dende que telas no barco era sinal de mal augurio ate a actualidade, en que, paseniño pero insistindo, imos atopando o noso lugar en calquera recuncho dese fogar que é o mar.

Continuar lendoAs mulleres e o mar: as mulleres mariñeiras si existen.

Consumo de produtos mariños de tempada

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

As especies mariñas pasan por épocas nas que o seu consumo ten efectos nocivos para as mesmas e para o planeta. Pola contra, tamén hai períodos nos que estas especies son máis ricas e o efecto do seu consumo faise notar menos ou a máis curto prazo. Así, a maioría de produtos mariños deben ser consumidos preferentemente no que denominamos “a súa tempada”.

Continuar lendoConsumo de produtos mariños de tempada

Culturmar: 30 anos de apoio á cultura marítima e fluvial

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Neste ano 2023 fan 30 dende o comezo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coñecida como Culturmar. A súa orixe remóntase a 1993, ao redor dunha xuntanza de embarcacións tradicionais que tivo lugar en Ribeira. Dende entón mantivéronse tanto as xuntanzas ou encontros deste tipo, como unha serie de obxectivos que defenden o Patrimonio Marítimo de Galicia.

Continuar lendoCulturmar: 30 anos de apoio á cultura marítima e fluvial

Bioincrustacións: organismos que causan corrosión nas embarcacións

  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Os cascos dos barcos, especialmente aqueles feitos de madeira como as embarcacións tradicionais galegas, actúan como plataformas de cría para gran variedade de especies animais e vexetais do medio mariño. Pódense atopar diversos tipos de organismos, uns de orixe vexetal coma o limo ou as algas, e outros de orixe animal coma moluscos ou esponxas. Son as chamadas bioincrustacións.

Continuar lendoBioincrustacións: organismos que causan corrosión nas embarcacións

O mantemento máis esencial nunha embarcación tradicional

  • Comentarios da entrada:1 comentario

A ferramenta básica de Marabaixo é o noso barco, o Galeón Punta Pragueira. Como xa contamos brevemente en entradas anteriores, este navío é unha embarcación tradicional, propia das rías galegas, empregada noutros tempos para mover mercadorías e que na actualidade utilizamos para viaxes turísticas e divulgativas. E como todas as embarcacións precisa dun mantemento básico.

Continuar lendoO mantemento máis esencial nunha embarcación tradicional

Fin do contido

Non hai máis páxinas que cargar