5 contas millonarias de instagram sobre mar e 5 galegas

4 minutos de lectura

Se che gusta o mar e tes conta en Instagram, velaquí vai o listado das contas máis seguidas desta rede social e unha selección de contas galegas de temática mareira. Como nesta rede social tamén se poden seguir hashtags, propóñoche seguir algunhas das palabras máis usadas para etiquetar imaxes do mar.

As 5 contas sobre mar máis seguidas

Se coma min eres unha persoa á que lle gusta vivir o mar dende todos os ángulos, incluso dende internet, propóñoche seguir estas contas de Instagram. Todas teñen máis dun millón de seguidoras, e son das máis populares que hai nesta rede social relacionadas co mar. 

1. @discoverocean – 2,8M seguidoras

Non precisas traxe de mergullo para descubrir o océano, só tes que seguir a esta conta para somerxirte no mundo mariño. Os protagonista da súa galería son principalmente animais vertebrados como cetáceos, quenllas e tartarugas, pero tamén hai espazo para os invertebrados como polbos e medusas. Sen dúbida as imaxes e vídeos máis virais do mundo subacuático. 

2. @oceana – 2,7M seguidoras

Esta asociación internacional centrada na protección dos océanos aposta forte pola comunicación dixital e nótase. Ás impresionantes imaxes e vídeos que atoparás na súa galería súmase unha sucinta explicación (en inglés) do que estás a ver, e a súa relación con problemas de conservación ou curiosidades sobre o mar.

3. @sealegacy – 2,1M seguidoras

Protexer o océano usando historias e imaxes é o obxectivo desta asociación que reúne no seu equipo a fotógraf@s, conservacionistas, científic@s e contador@s de historias. Alternan publicacións das súas actividades con outras de animais e paisaxes de beleza e calidade innegables.

4. @theocean – 1,2M seguidoras

O océano como máis impactante do instagram. Saltos de cetáceos, dentes de quenlla, polbos coloridos, colonias de focas, etc. Se queres mergullarte no océano so precisas un móbil e seguir esta conta.

5. @fathomlesslife – 1,1M seguidoras

Podemos tradución o nome desta conta como “a vida insondable”. Nesta galería atoparás criaturas mariñas, paisaxes submariños, vídeos virais e moito mergullo. O xestor desta conta parece ter algunha relación co “Oliver Ridley Project (@oliveridleyproject) unha asociación centrada na protección das tartarugas e o seu hábitat. Nos stories hai vídeos desta asociación e de lugares turísticos de Filipinas ou Maldivas.

Instagram galego

En Galiza hai moita xente que vive do mar, ou que lle gusta saír a disfrutar del, polo que tamén hai moitas contas nas redes sociais relacionadas co océano. Aínda que o número de seguidores non é equiparable ao listado anterior, aquí están as contas de temática mareira máis interesantes do instagram galego.

@bluscus – 3,5k seguidoras

Non se pode falar de turismo mariñeiro en Galiza sen citar a web Bluscus. Esta empresa recolle (case) todas as experiencias de turismo relacionadas co mar que podemos atopar en Galiza. Parte do seu éxito reside na boa xestión das redes sociais que usan para difundir as súas actividades e o ben que o pasan os turistas. Gastronomía, paisaxes mariños e a experiencia da xente do mar son os principais atractivos desta conta.

@xbeiro – 3k seguidoras

Xaime Beiro é un submarinista audiovisual galego, ao que lle gusta compartir as súas creacións nesta rede social. Vídeos e fotos de bechos mariños de gran calidade técnica e gusto estético, será o que atopes nesta conta. 

@cemmacetaceos – 2,7k seguidoras

A asociación Galega en defensa do mar por antonomasia tómase moi en serio a súa labor de divulgación tanto no Instagram como no Twitter e no Facebook. Se queres estar ao día de todo o que fan e coñecer os cetáceos, tartarugas, quenllas e aves que viven nas nosas costas debes seguir esta conta.

@ciesgal – 1,9k seguidoras

No parque Nacional das Illas Atlánticas, non só están as Illas Cíes, porén nesta conta tamén atoparás fotos de Ons, Sálvora e Cortegada. Paxaros, paisaxes, postas de sol, intermareais, faros… sen dúbida nesta conta están as mellores fotos das Illas Atlánticas. 

@13grados_vigo – 1,3k seguidoras

Este proxecto de divulgación científica mariña está a ter moita repercusión en Galiza. 13grados é un colectivo capitaneado por dúas mulleres que se adican a divulgación da vida submariña. Atoparás nesta conta fotografía e debuxos dos animais e plantas que podes ver se te mergullas con escafandro autónomo. Podes escoitar o podcast de “Historias do mar” cunha entrevista a estas dúas mulleres aquí.

#Hashtags

Instagram a diferencia doutras redes sociais permiteche seguir cancelos, para estar ao día dun tema determidado. Isto é moi práctico para enterarse do que se publica sen seguir a unha conta concreta. Velaquí un ranking dos #hashtags máis usados para etiquetar o mundo do mar:

  1. #seaside – 16,9M publicacións
  2. #mar – 18,8M publicacións
  3. #underwater – 7,9M publicacións
  4. #seascape – 5,4M publicacións
  5. #underwaterphotography – 4,3M publicacións
  6. #oceanview – 3,7M publicacións
  7. #sealovers – 2,9M publicacións
  8. #oceanlife – 2,3M publicacións
  9. #oceano -1,7M publicacións
  10. #underwaterworld – 1,2M publicacións

Se sabes doutra conta con moitos seguidores que non está neste listado, por favor, non dubides en facerma chegar por correo-e ou polas redes sociais de marabaixo.gal. Tamén podes escribirme directamente nun formulario desta web.