Coñece aos arroaces polo seu nome

No día de onte asistín á presentación dos resultados preliminares do proxecto TurGaSur da CEMMA. Un acto no que puiden coñecer da man dos investigadores que realizaron o estudo cales foron as conclusións obtidas no proxecto e como chegaron a elas. Moitas das persoas asistentes participaran como voluntarios nos 20 embarques participativos que a CEMMA coordinou durante este verán para a toma de datos, pero tamén estabamos alí persoas vinculadas á náutica deportiva e friki-biologos coma min.

O máis destacado deste acto foi que os asistentes levamos para a casa un catálogo de identificación dos arroaces observados neste proxecto. No documento podemos consultar o perfil das aletas dorsais de 150 arroaces (Tursiops truncatus), acompañado dunha escueta información sobre o animal: nome, código, primeiro e último ano no que foi fotoidentificado, número de anos nos que foi observado, número de veces que foi observado (nº de capturas) e as rías onde foi visto.

Algunha das fichas do Catálogo TurGaSur de fotoidentificación dos arroaces (Tursiops truncatus)
Algunhas das fichas do Catálogo TurGaSur de fotoidentificación dos arroaces (Tursiops truncatus)

É doado que as aletas dorsais dos arroaces queden marcadas cando interaccionan dentro da manda dandose empurróns ou mordéndose, por eso esta parte do animal é empregada para identificalos. As marcas de dentes poden curarse e desaparecer, pero os pequenos “bocados” na parte traseira da aleta permanecen e teñen unha forma única en cada animal. Esta “pegada dixital” do animal non é inmutable xa que varía ao logo do tempo, o que complica máis a fotoidentificación.

A vida secreta dos arroaces

2019_6_11_61335s740x
Ixaro

A tremenda base de datos de fotografías de aletas que pose a CEMMA (xa van polas 100.000 fotografías e máis 500 animais identificados) permitiulle coñecer aos investigadores a vida privada dos arroaces. Así, sabemos de Ixaro, un arroaz de máis de 30 anos, que leva sendo visto en Galiza dende o ano 2000, ou de Bonanza, unha nai que quedou atrapada na marea baixa co seu cachorro cerca da ponte da Illa de Arousa hai uns anos. Afortunadamente, e gracias á axuda da rede de varamentos tanto ela como o seu cachorro puideron saír do apuro, e foi vista tempo despois na compañía dun macho chamado Ioio. Isto fai pensar que o seu cachorro xa se emancipou, e ela comeza un novo ciclo reprodutivo.

Cando se nos achegue unha manda de arroaces e os fotografemos, podemos comparar a fotografía coas fichas deste libro para coñecer de que animal se trata. Este catálogo permítenos a calquera de nós (usuarios/as do mar) saber o nome dos animais que habitualmente vemos, pero tamén lle vai permitir a investigadores/as de Francia, Portugal e España saber se os arroaces que eles están a investigar viviron na costa galega.

2019_6_11_61334s740x
Bonanza

Non será difícil que no futuro, un software de fotoidentificación nos permita saber o nome dos animais dende o noso móbil no momento no que os estamos a observar, pero polo momento, as 27.776 fotografías tiradas no proxecto TurGaSur tiveron que ser seleccionadas unha a unha para despois recortar nelas individualmente cada aleta. Unha tremenda labor que non pode pasar desapercibida para os que dispoñemos deste libro.

Manual de boas prácticas

Non menos importante foi a presentación dun manual de boas prácticas de navegación. Este manual foi elaborado baseándose principalmente en dúas normas legais: o Real Decreto 1727/2007 polo que se establecen medidas de protección para os cetáceos, e a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade

Espacio móbil de protección de cetáceos
Espacio móbil de protección de cetáceos

A pesar da existencia de normas que sancionan comportamentos como a persecución das mandas de arroaces (en moitos casos chega a ser un verdadeiro acoso), tocalos, bañarse con eles e por suposto guindarlles lixo ou outros obxectos, non é raro observar estes comportamentos en moitos barcos de recreo nas nosas costas.

Se vas nun barco pola ría debes sentirte afortunado por ver unha manda de arroaces, posto que se trata dunha especie incluída como vulnerable no catálogo de especies ameazadas. Tamén debes saber que para achegarte a observalos ou fotografalos, nunca poderás estar a menos de 60m (500m se hai crías) e o teu barco deberá desprazarse máis lento que o animal máis lento da manda. Está expresamente prohibido o contacto físico cos animais así como alimentalos, impedir o seu libre movemento ou dispersar a manda. Se os animais deciden achegarse ao teu barco, debes desembragar o motor para que o hélice deixe de xirar (o ideal é apagar o motor completamente) e apagar a sonda.espai2_cetacis_copia.jpg_1415894722

A prohibición de achegarse a menos de 60m inclúe tanto o espazo submariño ate 60m de profundidade como o aéreo ate 500m de altura. Polo que tamén está expresamente prohibido mergullarse cos animais e achegarse con dons ou avionetas.

 

Actualización

Xa se pode descargar a versión dixital deste catálgo en baixa e alta resolución.

3 opiniones sobre “Coñece aos arroaces polo seu nome

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: