Crónica dun plástico anunciado

Non é unha señora con gadaña nin un esqueleto descarnado, pero provoca mortes agónicas e dolorosas nos seres mariños. A loita contra o lixo mariño é unha das batallas que acontecen nas nosas praias mentres tomas o sol ou te bañas. Debrías coñecer as terribles mortes que causa o plásticos para tomar medidas e buscar alternativas.

Enleamentos en aparellos de pesca e outros obxectos

A captura pantasma ou ghost fishing é o efecto que producen as redes e aparellos de pesca perdidos, que continúan a pescar peixes, centolas, pulpos e demáis fauna que nunca serán colleitados por ninguén. Eses pobres animais sufrirán a condena de non poder moverse, nin alimentarse, nin case respirar, ate esmorecer. Aínda que o enleamento asóciase ás redes e aparellos de pesca, a fauna mariña tamén se enlea con moitos outros residuos como cordas, bolsas de plástico, sabas, soportes de bebidas de seis envases, etc.

Terrible morte dun tiburón enleado nun neumático de coche. Fonte: jstor.org

A imaxe de enriba recolle o que quizais sexa o primeiro rexistro científico de “morte por plástico”. En 1931 fotografouse este tiburón enleado no neumático dun coche. Para un nadador veloz como este escualo estar freado por esa tira de caucho probablemente supuxo non volver alimentarse.

Morte por asfixia no fondo do mar

Os restos de lixo depositados no fondo do mar poden ter varios efectos na flora e fauna. Por unha banda, proporcionan abrigo para os invertebrados móbiles e sirven de hábitat para organismos sésiles, pero por outra banda, as artes de pesca abandonadas, as bolsas e as grandes láminas de plásticos agrícolas, cobren partes do fondo mariño asfixiando os sedimentos. As bolsas que chegan á superficie dun fondo fangoso, (como o do video de embaixo) reducen o intercambio de auga entre o fango e a columna de auga, provocando anoxia na comunidade que vive soterrada. Os vermes poliquetos, bivalvos, e crustáceos que se atopen debaixo desa bolsa desfalecerán dentro do seu tubo ou galería ao non poder renovar a auga para respirar.

Comer ate rebentar as tripas

En todas as especies de tartarugas, na metade das especies de mamíferos mariños e no 40% de aves mariña, está documentada a inxestión de plástico. Noutros grupos de animais aínda non están demasiado estudadas a interaccións cos macroplásticos, pero xa se rexistrou a súa inxestión en máis de 100 especies de peixes e invertebrados.

Normalmente é inxerido involuntariamente mentres se alimentan, pero existen tamén animais que tenden a comer os macroplásticos dunha determinada cor, por que se asemellan ao seu alimento. Hai determinados tipos de plástico, como os brandos cos que se elaboran os globos, que causan unha maior mortalidade ao ser inxeridos polas aves.

cf0003132018x24
Cadaver dun ave repleta de plástico na illa de Midway. Fonte: chrisjordan.com

As pezas plásticas poden raspar ou ocasionar pequenas feridas no tracto gastrointestinal dos animais e unha grande cantidade pode chegar a bloquear completamente os intestinos ou o estómago, como lle aconteceu a un cachalote de catro toneladas e media no mar Mediterráneo. Probablemente se lle rompeu o intestino debido aos máis de sete quilos de obxectos sintéticos atopados no seu interior. Comer ata morrer pode ser unha morte doce, pero creo que non foi o caso.

Restos no interior do cachalote e o cachalote morto por plástico. Fonte: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0025326X13000489
Cachalote co intestino reventado por plástico e os obxectos que tiña dentro. Fonte: sciencedirect.com

Noutros casos a inxestión non produce a morte do organismo, pero si que causa perxuizo sobre as poboacións. Os ingredientes químicos empregados na elaboración dos plásticos poden causar disrupcións dalgunhas hormonas, trastornos do desenvolvemento neurolóxico, redución da fertilidade, e un longo etc de efectos nocivos nos seres mariños.

Plástico? non gracias: Escolle materiais alternativos e reemprega

Para reducir a cantidade de mortes por plástico podemos recollelo das praias para evitar que permaneza 52 anos no mar como a botella de lixivía retirada estes días no Morrazo, pero sobre todo podemos reducir os seu consumo. Aí van algúns consellos para que un humilde mortal coma ti deteña esta catástrofe:

Sea turtle entangled in a ghost net.jpg
Agonía dunha tartaruga inmovilizada nunha rede. Fonte: NOAA
  • Esfórzate por mercar a granel e emprega bolsas de tela, de fibras naturais como o algodón ou o cáñamo, para levar a compra a casa.
  • Reemprega as bolsas de plástico ate que sexa imposible.
  • Cando merques vasos e pratos dun só uso, escolle mellor os que sexan de materiais como o cartón ou follas naturais. Hai moitos materiais alternativos ao plástico no mercado.
  • As palliñas de sorber son na maioría dos casos prescindibles e poden empregarse as doutros materiais como metal ou pasta.
  • Evita utensilios de plástico prescindibles e mortais como os globos.
  • Procura non mercar auga nin refrescos en botellas plásticas. Tamén podes reempregar as botellas de vidro.
  • Recolle 4 – 5 obxectos de lixo cada vez que visites unha praia, ao final do ano terás retirado unha gran cantidade.
  • Non tires os produtos de plásticos de hixiene persoal polo retrete, como os aplicadores dos tampóns ou os bastonciños dos oidos. O seu lugar é o contedor amarelo.

Bonus track: Cada vez máis obxectos flotantes non identificados

Como calquera outro substrato mergullado, o lixo mariño proporciona un hábitat para moitos organismos que buscan un elemento duro para asentarse ou que se refuxian debaixo. Que cada vez existen máis obxectos persistentes flotando, non ten un efecto directo sobre a fauna pero incrementa as oportunidades de dispersión de especies exóticas con capacidade invasora. Probablemente, os plásticos mariños non abriron novas rutas de dispersión nos océano pero si que están a favorecer as invasións, como a de ostra xaponesa que sufren as costas galegas (aínda que este bivalvo non chegou a Galiza entre lixo).

Lepas anatifera apegada a un lixo mariño flotante.
Percebe de sombra (Lepas anatifera) apegado a un lixo mariño flotante

Referencias:

Renaud de Stephanis, Joan Giménez, Eva Carpinelli, Carlos Gutierrez-Exposito, Ana Cañadas. 2013. As main meal for sperm whales: Plastics debris, Marine Pollution Bulletin, 69(1–2), 206-214.

Gudger, E., & Hoffmann, W. 1931. A Shark Encircled with a Rubber Automobile Tire. The Scientific Monthly, 33(3), 275-277.

Redacción Madrid Europa Press. 01/03/2019. Los globos son los desechos plásticos marinos más letales para las aves

Melanie Bergmann, Lars Gutow & Michael Klages (Editores). 2015. Marine Anthropogenic Litter.

2 opiniones sobre “Crónica dun plástico anunciado

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: