Extinction rebellion: Cando o ecoloxismo e a ciencia se unen para a rebelión

“A ciencia é clara, os feitos son incontrovertíbeis, e é inconcevible para nós que os nosos fillos e netos teñan que soportar o terrorífico peso dun desastre sen precedentes que fixemos nós mesmos.”

Así de contundente é o manifesto asinado por 100 científicos británicos que marcaba o inicio deste movemento social. Foi publicado en outubro de 2018 e chamaban a apoiar a Extinction Rebelion. Nel acusaban o Goberno Británico de ser cómplice dunha extinción en masa por ter ignorado os signos de alerta que o planeta nos envía dende fai anos. Con este chamado, promulgaban a constitución dunha asemblea cidadá que traballase xunto cos científicos para desenvolver con urxencia un plan para descarbonizar a economía.

Fonte: https://www.flickr.com/photos/zongo/30972773747
Autocolante. Fonte

Despois de que o 31 de outubro de 2018 se presentase en Londres a declaración de rebelión comezan a artellarse en asembleas locais conectadas en rede. É polo tanto un movemento descentralizado e auto-organizado, cun esquema de organización horizontal. Agora mesmo están a promulgar a creación de pequenos “grupos de afinidade” de entre 8-12 persoas que traballen xuntos para realizar pequenas accións que vaian en sintonía cos seus 10 principios e valores.

Demandas e accións

Extinction Rebellion-12

Os rebeldes contra a extinción teñen tres demandas:

  1. Dicir a verdade: O goberno debe dicir a verdade declarando unha emerxencia climática e ecolóxica, traballando con outras institucións para comunicar a urxencia dun cambio.
  2. Actuar xa: O goberno debe actuar agora para frear a perda de biodiversidade e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a cero neto no 2025.
  3. Máis aló da política: A creación dunha Asemblea Cidadá para supervisar os cambios, e que sexa parte da fundación dunha democracia máis útil.

Para conseguir estas demandas realizaron nos últimos meses unha chea de accións que teñen por norma ser chamativas e mediáticas. Por exemplo, teñen simulado a morte dos humanos “como acontecerá se non facemos nada”, un tipo de protesta que denominan die-in. Este movemento intenta ser creativo nas súas mobilizacións, empregando lemas que inviten á reflexión e a acción das persoas. Tamén empregan símbolos coloridos, así, unha das protestas en Londres estivo encabezada por un barco de cor rosa bautizado como “Berta Cáceres” (pola lider ambientalista hondureña asasinada) coa inscrición en inglés “Dicide a verdade”.

Barco Berta Cáceres nas mobilización de Londres. Fonte: https://www.economist.com/britain/2019/04/17/could-extinction-rebellion-be-the-next-occupy-movement
Barco Berta Cáceres nas mobilización de Londres. Fonte

Un movemento internacional

A repercusión mediática deste movemento é moi grande gracias á creatividade das súas accións e á difusión delas mediante as redes sociais. Tamén porque numerosas personaxes públicas (ademáis de moitos científicos) teñen apoiado o movemento.

Greta Thunberg, a activista sueca que iniciou os Friday For Future apoia as demandas dos Rebeldes contra a extinción, e chegou a falar en Londres durante as protestas. Outros personaxes públicos como Javier Bardem ou Willem Dafoe tamén teñen feito declaracións de apoio aos rebeldes.

Ate o de agora o maior éxito deste movemento foi a declaración de emerxencia climática por un numeroso grupo de gobernos. O primeiro foi o parlamento británico, pero tamén o fixeron o goberno Irlandés, o Catalán, o da cidade sueca de Basilea, o do cantón de Zurich, o do estado capital de Australia, e doutros gobernos municipais e estatais. Esta grande dispersión entre os gobernos que están a aceptar as demandas dos rebeldes contra a extinción da unha idea da internacionalidade deste movemento social. No estado español existen varios grupos locais que realizaron numerosas accións en cidades como Madrid, Valencia, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Mallorca e Granada.

En Galiza actualmente está a crearse un grupo de rebeldes, que polo momento non ten realizado ningunha acción. Podes estar ao tanto da súa actividade a través das redes sociais: Twitter, Facebook, Instagram e no correo-e xrgaliza@gmail.com

Declare a climate emergency - Melbourne #MarchforScience on #Earthday

Unha nova esperanza (opinión)

A masiva aparición de plásticos nas costas é unha evidencia tan grande do deterioro dos hábitats mariños, e por extensión de todo o planeta, que poucas persoas poden negar que a saúde planeta vai a peor. Tampouco se pode negar xa, usando criterios científicos, que a mudanza climática é acentuada polas accións humanas. Estas son evidencias tan palpables que ate os menos concienciados son capaces de percibir, e é por iso, creo eu, que cada vez existe unha maior sensibilización da cidadanía co medio-ambiente.

Este é o caldo de cultivo no que medra a rebeldía contra a extinción, que abandeira o medo pola extinción da especie humana para que se apliquen e melloren as políticas medioambientais. Esixen que os gobernantes abandone a rutina de crear leis mediambientais que se transmutan en normas de “obrigado incumprimento” dende a súa aprobación.

Este movemento de defensa activa do mediambiente, ilusiona aos que nos consideramos ecoloxistas pola abrumadora internacionalidade e implacable transparencia que esixen. Hai moitos datos que confirma a existencia da mudanza climática, e que os humanos somos causantes dela, así como do aumento da taxa de extinción de especies. Quizais esta realidade sexa mais palpable para a xente que vive do mar dado que é un ambiente de alta diversidade, que sufre localmente as ameazas globais.

Referencias e máis información

«Extinction Rebellion»: La rebelión de la Vida contra los mercaderes de la muerte. Marcos Rivero Cuadrado. Revista 15-15-15. 2018-12-02.

Facts about our ecological crisis are incontrovertible. We must take action. Carta enviada aos xornais asinada por 100 científicos británicos. The Guardian 26/10/2018

EXTINCTION REBELLION. Web oficial

EXTINCTION REBELLION.ES. Web oficial do grupo español

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: