Enxames de patexos nadando

Os patexos, tamén chamados patelos ou cangrexos patudos, están a chegar estes días á costa. Non acontece moi acotío, pero as veces entran nas rías procedentes da plataforma continental. Viaxan como un enxame nadando todos xuntos, polo que cando chegan á costa vense multitude deles.

Esquema do corpo dun patexo
Esquema do corpo dun patexo

Se observades estes cangrexos da especie Polybius henslowii, fixádevos como nadan. Neste video, gravado esta semana na ría de Vigo, pódese ver como empregan o 5° par de patas, con forma de raqueta, para impulsarse con movementos en 8; o 4° par mantéñeno estirado para estabilizar a natación; o 3° e o 2° par empreganos como temón, para direccionar o movemento xunto coas palexadas das “raquetas”. As pinzas peganas ao corpo para fagan menos resistencia.

Referencias

Peter J. Hayward and John S. Ryland. Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford Scholarship Online. 2017

E. González-Gurriarán. El patexo, Polybius henslowii Leach (Decapoda-Brachyura), en las costas de Galicia (NW de España): I. Distribución espacial y cambios temporales. Invest. Pesq. Vol.51(1) : 361-374

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: