Premios turísticos a un proxecto pesqueiro

Pescaturismo ven de ser galardoada no ano 2018 polo goberno balear como “la mejor experiencia turística”, e co premio “Turismo Sostenible de Fitur”. Estes dous galardóns recoñecen o caracter innovador e sostible desta iniciativa, que comezou a súa actividade no 2015. Esta start-up tecnolóxica embarcou no 2018 a máis de 800 persoas nas Illas de Mallorca e Menorca, en case 300 excursións en barcos pesqueiros profesionais.

O pesca turismo (ou pesca-turismo) é unha das actividades que se engloban dentro do turismo mariñeiro, e consiste en embarcar turistas nun barco profesional nun día de pesca. A saída ao mar pode realizarse nun barco que fai a súa faena habitual ou nun barco fora das horas de traballo, como se fose un chárter náutico.

Pescaturismo é unha ferramenta que permite contratar online servizos turísticos. Trátase dunha plataforma web á que se pode acceder dende as seguintes URLs: pescaturismomallorca.es, pescaturismomenorca.es, pescaturismoibiza.com e pescaturismospain.es. O persoal de pescaturismo tamén asesora aos pescadores sobre como deben realizar os servizos para optimizar o seu desenrolo, así como sobre os trámites legais que deben cumplir.

img_20170804_143102.jpg
Pescadores nun barco atuneiro

Os trámites legais, de feito, son o principal obstáculo para realización desta actividade que polo momento só se está a levar a cabo en Cataluña, Illas Baleares e Comunidade Valenciana. En Galiza aínda non están regulados os embarques en barcos profesionais pero existen numerosas iniciativas de turismo mariñeiro. A gran maioría da oferta de servizos turistico-mariñeiros que se poden contratar online en Galiza atopanse nestas dúas webs: MardeGalicia e Bluscus.

A principal razón do éxito do pesca turismo é que conecta directamente, sen intermediarios, a pescadores con visitantes. Isto beneficia aos pescadores, xa que reciben uns ingresos extra non vinculados á súa actividade extractiva. Pero non só ten beneficios económicos, senón que o contacto directo dos produtores de peixes e mariscos cos compradores, valoríza a actividade pesqueira. Moitos dos viaxeiros, despois da experiencia, comprenden mellor porque algunhas especies teñen un prezo tan elevado.

En definitiva, o turismo mariñeiro e o pesca-turismo afondan no empodeiramento da xente do mar, nunha época na que cada vez hai menos peixe.

Referencias

Blog Pescaturismomallorca.es. 30/09/2018.

Blog Pescaturismomallorca.es. 20/01/2018.

Monográfico sobre pescaturismo no Boletín Observatorio Diversificación Pesquera y Acuicola. 07/2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: