A UDC e o CIMA investigarán os poliquetos comerciais que hai en Galiza

A Universidade da Coruña (UDC) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), organismo dependente da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, veñen de asinar un convenio co fin de investigar “Aspectos básicos da bioloxía de poliquetos explotados nas costas de Galicia. Criterios para a xestión das poboacións explotadas“. Este convenio supón un avance cara a mellora da xestión dun recurso en auxe en Galiza, pero sobre todo no coñecemento das 4 especies de miñocas explotadas en Galiza.

O estudo pretende previr a sobre-explotación deste recurso que supuxo nas lonxas galegas máis de 290.000€ e un total de 4.614,89 kg no ano 2017 segundo https://www.pescadegalicia.gal. O número medio de kilos ao ano capturados de anelidos poliquetos nos 9 anos que este recurso leva sendo explotado de xeito continuado (dende 2007) foi de 4.461 kilos. As miñocas teñen plans de explotación específico en 21 confrarías galegas (10 na provincia da Coruña, 1 en Lugo e 10 en Pontevedra), pero no 2019 poden chegar a ser 30 polo incremento da demanda e o elevado prezo por kilo que algunhas especies chegan a acadar.

Este estudo ten como obxectivo estimar a distribución espacial e a abundancia das miñocas así como definir os seus ciclos reprodutivos. Esta información é fundamental para poder xestionar ben este recurso e evitar a súa sobre-explotación. Aínda que polo momento a extracción de miñocas non amosan tendencia á baixa, que poderían indicar un esgotamento, é preciso evaluar os stock para poder explotar mellor os recursos.

LEMGAL

Do total de 595 especies de poliquetos citadas en Galiza só 4 son explotadas comercialmente:

Arenicola marina. Mangón ou sangrón: É un verme sedimentívoro non selectivo, esto é engulle a area onde vive e o seu tracto dixestivo dixire as partículas de materia orgánica presentes. É doado observar nas praias as cagarrutas de area que delatan a súa presencia. Empregase na pesca deportiva para a pesca de fondo e con ela captúranse por exemplo todo tipo de espáridos, lubinas, rodaballos…

Scoletoma impatiens. Gabián ou gabilán: Trátase dun animal de vida libre pero que pode chegar a formar un tubo mucoso. Este animal depredador é moi apreciado para a pesca xa que a súa “pel” é rexia e resiste varios baños no anzol. É sen dúbida a especie máis apreciada das 4 chegando a cotizarse a máis de 200€ o kg.

Hediste diversicolor. Miñoca de area, miñoca de ría ou simplesmente miñoca: Sen dúbida a especie máis común das 4, é doado atopala nas zonas fangosas de interior de ría. Por tratarse dunha especie moi común, non acada elevados prezos pero trátase sen dúbida a dunha das especies máis recolectada polos afeccionados á pesca deportiva.

Diopatra neapolitana. Casulo ou miñoca de tubo: Esta especie como o seu nome indica vive dentro dun tubo de consistencia gomosa, e é empregado para pescar multitude de especies de peixes.

Referencias:

Bañón, R. (Ed.). 2017. Inventario de la biodiversidad marina de Galicia: Proyecto LEMGAL. Consellería do Mar, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. https://libraria.xunta.gal/es/inventario-de-la-biodiversidad-marina-de-galicia-proyecto-lemgal

Pesca de Galicia: https://www.pescadegalicia.gal. consultado o 28/12/2018.

Juan Urrutia. 14/06/2012. El gusano arenícola, un cebo espectacular e indispensable: http://www.cotodepezca.com/el-gusano-arenicola-un-cebo-indispensable/ consultado o 28/12/2018.
C. Fernández. 27/12/2018. La UDC y Mar colaboran para proteger la posible sobreexplotación de las ‘miñocas’. https://www.laopinioncoruna.es/mar/2018/12/27/udc-mar-colaboran-proteger-posible/1360716.html consultado o 28/12/2018.

Campus do mar. 27/12/2018. Consellería do mar y UDC colaboran en un estudio para proteger la posible sobreexplotación de poliquetos http://campusdomar.gal/conselleria-do-mar-y-udc-colaboran-en-un-estudio-para-proteger-la-posible-sobreexplotacion-de-poliquetos/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: